Lars Montin

naturalista sueco

Lars Jonasson Montin, nado en setembro de 1723 na illa de Hisingen (municipio de Gotemburgo), e finado o 3 de xaneiro de 1785 en Halmstad, foi un botánico e médico sueco.

Infotaula de personaLars Montin
Nome orixinalLars Jonasson Montin
Biografía
Nacementosetembro de 1723
Lundby church parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte3 de xaneiro de 1785
Halmstad
Datos persoais
País de nacionalidadesueca
EducaciónUniversidade de Lund, Universidade de Uppsala
Actividade
Campo de traballobotánica, medicina, zooloxía
Ocupaciónmédico , botánico Editar o valor em Wikidata
Membro de
Obra
Abreviación dun autor en botánicaMontin Editar o valor em Wikidata
Sinatura

Traxectoria editar

Montin, un dos discípulos de Linneo, naceu na illa de Hisingen (Gotemburgo) en 1723, fillo dun vigairo. Asistiu á escola secundaria en Gotemburgo, onde seu pai era o director e, en 1743, cando tiña 21 anos, trasladouse a Lund, onde comezou a estudar ciencias naturais. Mudouse a Uppsala dous anos despois, onde, inspirado por Carl von Linneo, comezou a estudar medicina. En 1749 realizou unha viaxe a Luleå, onde realizou estudos de flora e fauna. En 1751 recibiu o doutoramento en medicina en Lund e, en 1756, foi médico provincial en Halland.

En Halland reuniuse con outro discípulo de Linneo, un dos seus apóstolos, Pehr Osbeck, vigairo de Hasslöv, para levar a cabo as primeiras investigacións botánicas exhaustivas da paisaxe da zona. En 1766 Montin publicou o Förtekning på de i Halland vildt växande Örter, som äro sällsynte i Sverige, eller ock där ej tillförene blifvit fundne (informe sobre as herbas que crecían de maneira salvase en Halland, e que son pouco frecuentes en Suecia), e Kungliga Vetenskapsakademiens handlingaro para a Real Academia de Ciencias de Suecia. Entre outras, describiu a especie Ranunculus hederaceus que, en Suecia, só se encontra en Halland.

En 1776 publicou os artigos Tvänne arter af snöripan e Physiographiska sällskapets handlingar, nos que presentou os estudos florísticos realizados na súa viaxe a Laponia en 1749.[1] Montin foi elixido en 1771 membro de número da Real Academia Sueca de Ciencias. En 1782 obtivo o título de asesor, e tres anos máis tarde faleceu en Halmstad, sendo soterrado na igrexa de Söndrum.

Motin foi un gran coleccionista de plantas, e o seu herbario conservase hoxe no Museo Sueco de Historia Natural.[2]

Eponimia editar

Na súa honra o apóstolo de Linneo Carl Peter Thunberg creou o xénero Montinia, cuxa única especie, Montinia caryophyllacea, só se encontra no sur de África desde o Cabo de Boa Esperanza até o sur de Angola.

Abreviatura editar

A abreviatura Motin emprégase para recoñecer a Lars Montin como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

Notas editar

  1. Björn Dal (1996) Sveriges Zoologiska Litteratur, Orbis pictus KB, páx. 98, ISBN 91-972886-0-8
  2. Nordisk familjebok (1913): Montin, Lars, Uggleupplagan. vol.18, pp. 1027-1028.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar