Lars Eidinger

actor alemán

Lars Eidinger, nado en Berlín o 21 de xaneiro de 1976, é un actor alemán.

Infotaula de personaLars Eidinger

(2014) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1976 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
Berlín Oeste, Zonas ocupadas pelos Aliados na Alemanha Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónGustav Heinemann School (en) Traducir
Ernst Busch Academy of Dramatic Arts (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor de teatro , actor , actor de cinema , presentador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1997 Editar o valor em Wikidata -
EmpregadorSchaubühne am Lehniner Platz (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm1955257 Allocine: 228367 Allmovie: p620126
Discogs: 1202894 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Lars Eidinger no Festival de Cinema de Berlín de 2014
 
Interpretando ao tsar Nicolao II no filme ruso Matilda

Fillo dunha enfermeira pediátrica e dun enxeñeiro, xa de neno tiráballe a interpretación e participou no programa infantil Moskito da SFB e máis adiante actuou en pezas teatrais no instituto[1]. De 1995 ata 1999 estudou arte dramática na Hochschule für Schauspielkunst "Ernst Busch" a canda Devid Striesow, Nina Hoss, Mark Waschke e Fritzi Haberlandt, como actor convidado actuou xa antes de rematar a carreira no Deutsches Theater de Berlín dende a tempada 1997/98.[2], participando en producións de Jürgen Gosch e Wolfgang Engel. No ano 2000 entrou na compañía teatral Schaubühne am Lehniner Platz, e participou en numerosas obras teatrais como Edward II, Macbeth, Woyzeck ou Nora [2] e en case todas as producións deses anos dos prestixiosos directores Thomas Ostermeier e Christina Paulhofer, converténdose nun dos actores máis influentes do teatro[1]. En decembro de 2008 debutou como director teatral coa obra de Schillers Die Räuber interpretada por estudantes da "Ernst Busch" e coa que participou no festival Radical jung do ano seguinte.

Despois de aparecer esporadicamente nalgunhas producións cinematográficas e televisivas, en 2009 tivo o seu primeiro papel protagonista no galardoado Alle Anderen de Maren Ade, seguido da produción neerlandesa Code Blue de Urszula Antoniak (2011), o suspense apocalíptico Hell de Tim Fehlbaum (2011) e Tabu - Es ist die Seele en Fremdes auf Erden de Christoph Stark (2011), no que interpretou o poeta austríaco Georg Trakl polo que recibiu o premio da asociación alemá de críticos de cinema [3].

Nos anos seguintes continuou a realizar producións teatrais, así como de cinema e televisión, salientando filmes como Clouds of Sils Maria (2014) e Personal Shopper (2016) de Olivier Assayas, Vergine giurata de Laura Bispuri (2015) e series como Polizeiruf 110, Tatort e Babylon Berlin. Coa compañía Schaubühne participou en moitas producións, aclamadas internacionalmente, de Thomas Ostermeier, como Hamlet e Richard III [4].

En 2016 formou parte do xurado internacional da 66ª edición do Festivalde Berlín e nese ano recibiu o Deutscher Hörbuchpreis ao mellor lector pola versión en lingua alemá do audiolibro de The Planet Trillaphon As It Stands In Relation To the Bad Thing de David Foster Wallace [5].

Música editar

Mentres aínda estaba a estudar publicou en 1998 con Studio 54 de !K7 o vinilo "I'll Break Ya Legg" de música electrónica [6], parte apareceu máis tarde na compilación Fragments do selo no.nine. En 1999 produciu a música para o documental de Ernst-August Zurborn Die Mörder des Herrn Müller realizado para a canle Arte e tamén foi responsable da música de varias pezas dirixidas por Ostermeier: Nora, Der Würgeengel e Trauer muss Elektra tragen.

Filmografía editar

  • See You at Regis Debray de CS Leigh (2005)
  • Deutschland deine Lieder de Daniel Lang (2007) - Curtametraxe
  • After Effect, de Stephan Geene (2007)
  • Torpedo de Helene Hegemann (2008) - Curtametraxe
  • Alle Anderen de Maren Ade (2009)
  • Wanna Be de Christina Ebelt (2009) - Curtametraxe
  • Nasty Video de Jörg Buttgereit (2011)
  • Code Blue de Urszula Antoniak (2011)
  • Tabu - Es ist die Seele ein Fremdes auf Erden de Christoph Stark (2011)
  • Hell de Tim Fehlbaum (2011)
  • Fenster zum Sommer de Henk Handloegten (2011)
  • Was bleibt de Hans-Christian Schmid (2012)
  • Goltzius and the Pelican Company de Peter Greenaway (2012)
  • Clouds of Sils Maria de Olivier Assayas (2014)
  • Lars & Jonathan: A Berlin Friendship de Amy Barrett (2014)
  • Dora oder Die sexuellen Neurosen unserer Eltern de Stina Werenfels (2015)
  • Vergine giurata de Laura Bispuri (2015)
  • Elixir de Brodie Higgs (2015)
  • Familienfest de Lars Kraume (2015)
  • Personal Shopper de Olivier Assayas (2016)
  • L'origine de la violence de Élie Chouraqui (2016)
  • Die Blumen von gestern de Chris Kraus (2016)
  • Maryline de Guillaume Gallienne (2017)
  • Matilda de Alexei Uchitel (2017)
  • Werk ohne Autor de Florian Henckel von Donnersmarck (2018)
  • High Life de Claire Denis (2018)
  • 25 km/h de Markus Goller (2018)
  • Dumbo de Tim Burton (2019)
  • All My Loving

Teatro editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Matthias Heine Das ewige Nesthäkchen am Lehniner Platz.Die Welt, 30 de outubro de 2004
  2. 2,0 2,1 "Lars Eidinger". filmportal.de. 
  3. "Lars Eidinger-Awards". IMDb. 
  4. "Lars Eidinger - Biography". IMDb. 
  5. "Lars Eidinger". Agentur-Schneider. 
  6. "Eidinger ‎– I'll Break Ya Legg". Discogs