Langston Galloway

baloncestista estadounidense

Langston Galloway, nado o 9 de decembro de 1991 en Baton Rouge, Luisiana, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos UnaHotels Reggio Emilia da Lega Basket Serie A.

Langston Galloway
Pallacanestro Reggiana
Información persoal
Nacemento 9 de decembro de 1991 (32 anos)
Baton Rouge, Luisiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 91 kg (200 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
Instituto Christian Life Academy
(Baton Rouge, Louisiana)
Universidade Saint Joseph's (2010–2014)
NBA Draft 2014 / Elección: Sen draftear
Carreira desde 2014
Historial de equipos
Westchester Knicks (2014–2015)
New York Knicks (2015–2016)
New Orleans Pelicans (2016–2017)
Sacramento Kings (2017)
Detroit Pistons (2017–2020)
Phoenix Suns (2020–2021)
College Park Skyhawks (2021)
Brooklyn Nets (2021–2022)
Milwaukee Bucks (2022)
College Park Skyhawks (2022–2023)
Pallacanestro Reggiana (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2014, Galloway xogou cos New York Knicks a Liga de Verán e a pretempada.[1][2] En novembro de 2014, asinou cos Westchester Knicks, afiliado de New York na NBA Development League.[3] O 7 de xaneiro de 2015, asinou un contrato de dez días cos New York Knicks.[4]

O 21 de xullo de 2016, Galloway asinou cos New Orleans Pelicans.[5]

O 20 de febreiro de 2017, Galloway foi traspasado xunto a Tyreke Evans, Buddy Hield e dúas eleccións do Draft de 2017 ós Sacramento Kings, a cambio de DeMarcus Cousins e Omri Casspi.[6] Debutou cos Kings tres días máis tarde, anotando 16 puntos na vitoria sobre os Denver Nuggets.[7]

O 6 de xullo de 2017, Galloway asinou cos Detroit Pistons un contrato por tres anos e 21 millóns de dólares.[8]

O 30 de novembro de 2020, Galloway asinou cos Phoenix Suns.[9] Cos Suns chegou ás Finais da NBA 2021, onde perderon en seis partidos contra os Milwaukee Bucks.

O 16 de decembro de 2021, Galloway asinou un contrato de dez días cos Brooklyn Nets.[10] O 26 de decembro de 2021, asinou un segundo contrato de dez días cos Nets.[11]

Notas editar

  1. "Knicks Sign Langston Galloway and Travis Wear". NBA.com. 9 de setembro de 2014. Consultado o 9 de setembro de 2014. 
  2. "Knicks Waive Galloway & Vandenberg". NBA.com. 25 de outubro de 2014. Consultado o 25 de outubro de 2014. 
  3. "Westchester Knicks Finalize Inaugural Training Camp Roster". OurSportsCentral.com. 3 de novembro de 2014. Consultado o 3 de novembro de 2014. 
  4. "Knicks Call Up Langston Galloway from Westchester Affiliate". NBA G League (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de febreiro de 2021. Consultado o 2021-01-28. 
  5. "Pelicans Sign Free Agents Hill, Moore and Galloway". NBA.com. 21 de xullo de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2016. 
  6. "Kings Acquire Hield, Evans, Galloway, and 2017 Draft Selections". NBA.com. 20 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de febreiro de 2017. 
  7. "Cauley-Stein scores 29, Kings beat Nuggets 116-100". ESPN.com. 23 de febreiro de 2017. Consultado o 24 de febreiro de 2017. 
  8. Langlois, Keith (6 de xullo de 2017). "Pistons check off several needs with addition of Langston Galloway". NBA.com. Consultado o 6 de xullo de 2017. 
  9. "Suns Sign Moore, Galloway & Jones". NBA.com. 30 de novembro de 2020. Consultado o 30 de novembro de 2020. 
  10. "Brooklyn Nets sign Langston Galloway to 10-day contract". NBA.com. 16 de decembro de 2021. Consultado o 16 de decembro de 2021. 
  11. Hill, Arthur (26 de decembro de 2021). "Nets Will Sign Langston Galloway To Second 10-Day Contract". HoopsRumors. Consultado o 26 de decembro de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar