Abrir o menú principal

Lucius Cæcilius Firmianus, dito Lactantius (Lactancio) foi un retórico nado cara 250 e morto arredor de 325.

Lactancio
Lactantius.jpg
Nacemento250
 África
Falecemento325
 Galia
NacionalidadeRoma Antiga
Ocupaciónescritor, filósofo, poeta e historiador
Coñecido/a porDe mortibus persecutorum
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

De orixe pagá e alumno de Arnobio, un retórico cristián, instalouse en Nicomedia, en Bitinia. Esta decisión foi desafortunada, pois a cidade era de lingua grega e Lactancio achou poucos alumnos. Perdería o traballo cando a gran persecución do emperador Diocleciano, de xeito que tentou ocupar o seu ocio escribindo. Ao final da súa vida atopou a graza do emperador Constantino I, que o chamou a Tréveris e lle encargou ensinarlle literatura latina ao seu fillo maior Crispo (317). Morreu poucos anos despois, seguramente na mesma cidade de Tréveris, unha das capitais do Imperio romano occidental.

ObrasEditar

As cartas e versos anteriores á súa conversión ao cristianismo perdéronse. Logo de converterse as súas obras están dominadas por un tema central: a Providencia. O seu libro principal, as Diuinae institutiones (Institucións divinas), está formado por 7 obras, nas que tenta explicar aos pagáns -polo menos aos que posúen instrución-, que o politeísmo é indefendible e que a razón obriga a admitir os dogmas e a moral do cristianismo.

Foi tamén autor de De Mortibus Persecutorum (Sobre a morte dos perseguidores), unha obra polémica, escrita entre 318 e 321, na cal afirma que os emperadores perseguidores do cristiáns foron malos emperadores e tiveron unha morte atroz, como castigo divino; mais non menciona que entre aqueles que el considerou como bos emperadores algúns puxeran en marcha medidas contra os cristiáns, como Traxano, Marco Aurelio ou Septimio Severo.

Atribúeselle ademais o Carmen de aue phoenice (Oda da ave fénix), un dos textos máis ricos sobre esa ave fabulosa.

Ligazóns externasEditar