La Raíz foi un grupo musical de Gandía (Valencia), España que mesturaba o rock co reggae, o jazz e o hip hop.[1][2] Esta banda estaba conformada por once músicos de diversas procedencias, repartidos no escenario cunha forte presenza e moito contido lírico nas súas letras. Algunha xente cataloga a súa música dentro dos estilos de "música de intervención".

La Raíz
Concerto de La Raíz en Reus (Cataluña) no ano 2014.
OrixeGandia, España España
Período20062018
Xénero(s)Ska, Punk, Reggae fusión, Rock Hip-Hop, Art Rock, Free Jazz, Rocksteady
Selo(s) discográfico(s)Propaganda Pel Fet! Records
MembrosVoz
Pablo Sánchez
Julio Maloa
Sen-K
Josep "Panxo"

Guitarra
Edu Soldevila
Juan Zanza


Baixo
Adri Faus


Trompeta
Carles Gertrudis


Trombón
Xavi Banyuls


Batería
Pipe Torres


DJ
Jano
Na rede
Páxina oficial
Facebook: laraizband Twitter: laraizband Bandcamp: laraiz Spotify: 036IY6CphXdsPiqIXdqvCP Musicbrainz: 7f545ad3-e9d9-4dcb-9ec3-1a767b567ad7 Songkick: 3092636 Discogs: 3482867 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

La Raíz xúntase no 2005, aproveitando a ruptura dunha anterior formación chamada La Raíz na que se atopaba Edu, actual guitarrista, e que tiña un estilo totalmente diferente. Dende entón Pablo Sánchez Pardines desenvolveu o rol de compositor e líder da banda, máis adiante tamén o de voz principal. A intención do grupo era xuntar unha banda numerosa con moitos dos seus amigos, que non eran músicos.

El aire muerto (2007), foi a primeira maqueta coa que comezan a coñecerse entre eles a nivel musical, a buscar sons novos, e a xogar co rap político e a mestizaxe. Neste cambio importante recrutan a Josep Panxo quen, dende entón, dá ese movemento social e esa rebeldía ao grupo. Tamén entran Felipe á batería e Julio Maloa como cantante. Con todos eles e tentando parecerse ao seu grupo de referencia, Hechos Contra el Decoro, establecen un gran cambio musical.

Autoproduciron o seu primeiro traballo El aire muerto. En setembro de 2008 gravan xunto á Gossa Xorda Raíces, un tema de "colegueo" que acabou sendo o principio da Guerra al silencio, o seu primeiro traballo serio, en 2009. Este novo disco, tamén autoproducido, ten unha maior carga roqueira ca o anterior, aínda que mantén o reggae e o ska ben presentes. O grupo fai nel unha aposta máis comprometida, máis directa. Pablo pasa da guitarra á voz principal, e chega Jim (de carácter máis roqueiro) á guitarra, así remátanse por asentar as bases do grupo, tal e como o coñecemos agora. Ademais únese un amigo íntimo da banda, que é Sen-k, ás 3 voces que xa estaban (Pablo, Josep e Julio).

Tras dous veráns de xira con este traballo, deciden meter no grupo a Dj Jano, tamén amigo da banda. Únense ademais Carles á trompeta e Xavi ao trombón. En 2011 gravan El lado de los rebeldes, o segundo traballo da banda, e primeiro de estudo. Gravado polo produtor alemán Uwe Hoffmann, coa colaboración de Sebastián Cebreiro "El cebolla" de La Vela Puerca. No disco amosan o seu lado máis roqueiro e festivo que se plasma á perfección nos directos.

Entre decembro do 2012 e xaneiro do 2013 gravan nos estudos RPM de La Canyada, da man de Roger García, o seu seguinte traballo Así en el cielo como en la selva. Trátase dun disco cunha maior madurez musical e lírica, co que se seguen mantendo fieis ao seu grupo de seguidores, e co que continúan facendo bailar e cantar ao público que os reciben en cada lugar que visitan.

No 2013 volven superar os 40 concertos e en 2014 "Jilgueros Tour" lévaos por vez primeira a tocar en Europa e en España aparecen xa entre os grupos cabeza de cartel de case todos os festivais nos que tocan. En 2015 fan unha pequena xira de 20 concertos, cos que pretenden aforrar para financiar o seguinte traballo que sairía á luz en 2016.

En marzo do 2016 publicaron Entre poetas y presos. Un disco de 11 cancións no que defenden a dignidade da memoria, a identidade dos silenciados, a obsolescencia dalgunhas institucións como a monarquía e un berro pola fogueira dos continentes. Este traballo púxose en descarga gratuíta a través da súa páxina web, cunha descarga solidaría que apoiou o colectivo "Defender a quien defiende", que fomenta dende Barcelona na sede de NOVACT (Instituto Internacional pola Acción Non Violenta) a organización fronte a medidas como a "lei mordaza"; o 50% da recadación desta descarga foi a parar a este colectivo. Da mesma forma o disco en formato físico estivo durante varias semanas entre os vinte discos máis vendidos de España. Este mesmo ano a banda esgotou as entradas nas salas de toda España e o continente europeo, sacando por primeira vez na historia a súa música fóra de Europa na súa visita a Nepal.

En 2017 o grupo anunciou a xira "La hoguera de los continentes" consolidando a súa presenza internacional coa Arxentina e Chile como primeiras datas do tour que incluiría tamén o seu paso por Berlín, Hamburgo, Dublín, Roma, Lisboa, Porto, Polonia, México ou Colombia ademais dun final de xira no Palacio de Vistalegre de Madrid no que se gravou o concerto que despois sairía en formato DVD.

O 14 de decembro do 2017 a banda anunciou que 2018 sería o ano de despedida do grupo ante un parón indefinido. A banda xustifica no comunicado que pretende tomar un tempo separados da presión que impón a industria musical e que por iso o parón non ten data marcada de regreso.

O nome da xira "Nos volveremos a ver" (Volverémonos ver), que se realizou durante o ano 2018 foi acompañada da presentación do disco gravado en directo e publicado o 2 de febreiro de 2018.

O 17 de novembro do 2018 a banda realizou o último concerto fronte a 20.000 persoas na cidade de Valencia.

Novos proxectos editar

Tras a separación do grupo, apareceron varios proxectos. O primeiro foi Valira, o novo proxecto de Juan Zanza, o exguitarrista da Raíz, que estreou o seu disco "Ecos de Aventura" en marzo do 2019. Pablo Sánchez Pardines compositor, líder e voz principal fixo público o seu novo proxecto Ciudad Jara acompañado de músicos doutras formacións do ámbito estatal. Outros membros da banda crearon a banda "Nativa", cuxo primeiro EP "Rua Na Selva" saíu o 26 de xullo de 2019 e o seu primeiro disco, composto de 12 cancións, foi lanzado o 20 de setembro de 2019.

Discografía editar

Artigo principal: Discografía de La Raíz.
  • Sumere (2005)
  • El aire muerto (2007)
  • Guerra al silencio (2009)
  • El lado de los rebeldes (2011)
  • Así en el cielo como en la selva (2013)
  • Entre poetas y presos (2016)
  • Nos volveremos a ver (2018)

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar