San Cristóbal de La Laguna

Cidade en Tenerife
(Redirección desde «La Laguna»)

Coordenadas: 28°29′07″N 16°19′00″O / 28.48528, -16.31667

San Cristóbal de La Laguna,[1][2][3][4] coñecida popularmente como La Laguna[5][6][7] ou A Laguna,[8] é unha cidade e un municipio canario pertencente á provincia de Santa Cruz de Tenerife (España). Esta cidade foi capital da illa de Tenerife en tempos anteriores; actualmente a capital é Santa Cruz de Tenerife.

San Cristóbal de La Laguna
San Cristóbal de La Laguna
Flag of San Cristóbal de la Laguna.svg
Escudo de San Cristóbal de La Laguna.svg
Blick auf San Cristóbal de La Laguna aus der Aussichtsplattform Mirador De San Roque auf Teneriffa, Spanien (48225362971).jpg
Localización
PaísEspaña España
Xeografía
Altitude550 msnm
Superficie102,06 km²
Outros datos
https://www.aytolalaguna.es/
San Cristóbal de La Laguna
PlazadelAdelantado.JPG
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización28°29′N 16°19′O / 28.483, -16.317
TipoCultural
CriteriosII, IV
Inscrición1999 (23ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador929
La Laguna desde o Macizo de Anaga

O nome guanche da zona onde se sitúa a cidade era Aguere, que era o nome da antiga lagoa ou lago que existía no lugar.[9]

A cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1999. Con máis de 150.000 habitantes, é a terceira urbe máis poboada das Canarias. Nela radican o Consello Consultivo das Canarias, a Diocese de Tenerife (diocese da provincia) e a primeira universidade fundada nas Canarias.

Entre os monumentos relixiosos da cidade están: A Catedral de Nosa Señora dos Remedios, a Igrexa da Concepción e Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna. No Convento de Santa Catalina de Siena está o corpo incorrupto de Sor María de Jesús de León Delgado con reputación milagreira.

NotasEditar

  1. Ayuntamiento de San Cristóbal de La Laguna, sitio web institucional (en castelán).
  2. Fernández y Fernández, José Armando (dir. e coord.) (1996). "San Cristóbal de la Laguna". Atlas de Galicia e de España. Grupo Anaya. p. 62 E2. ISBN 84-207-6594-5. A Real Academia Galega acordou informar favorablemente e respaldar como correctas as solucións lingüísticas ofrecidas no Atlas de Galicia e de España do Grupo Anaya, tanto no que se refiere ó tratamento da toponimia galega, como no que se refiere á adaptación dos topónimos foráneos á lingua galega [sic]. 
  3. "San Cristóbal de la Laguna" en Sanmartín, G. (coord.) et al. (2012) Criterios para o uso da lingua p. 130. UDC. ISBN 978-84-9749-504-2.
  4. "San Cristóbal de la Laguna ⇒ Laguna, La". Enciclopedia Galega Universal 15. 1999-2002. p. 138. 
  5. Santa María, I. e Massó, N. (2009). "La Laguna". Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo. Do Cumio. p. 115. ISBN 978-84-8289-328-0. 
  6. "Laguna, La". Diccionario enciclopédico galego universal 36. 2003-2004. p. 102. 
  7. "Laguna, La". Enciclopedia Galega Universal 11. 1999-2002. p. 58. 
  8. "Laguna, A". Diciopedia do século 21 2. 2006. p. 1185. 
  9. "Reseña histórica de San Cristóbal de La Laguna". Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2017. Consultado o 5 de abril de 2017. 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar