Abrir o menú principal

Fernando Clavijo Batlle

político español

Fernando Clavijo Batlle, nado en San Cristóbal de la Laguna, Tenerife, o 10 de agosto de 1971, é un político español, membro de Coalición Canaria, presidente do Goberno das Illas Canarias dende 2015.

Fernando Clavijo Batlle
Fernando Clavijo Batlle (b).jpg
Nacemento10 de agosto de 1971
 San Cristóbal de La Laguna
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de La Laguna
Ocupaciónpolítico e empresario
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Naceu en San Cristóbal de la Laguna, concello no que segue residindo desde entón e no que viviu en diversos barrios e vilas como San Roque, Los Baldíos, Bajamar ou o Barrio del Timple. Cursou o Bacharelato no Instituto Vise y Clavijo, e máis tarde licenciouse en Ciencias Económicas e Empresariais na Universidade de La Laguna. Traballou na empresa privada, tamén mentres estudaba, e foi asesor do Organismo de Actividades Musicais do Concello de San Cristóbal de la Laguna, así como concelleiro de Seguridade Cidadá dende 2003 até 2007 e alcalde entre 2008 e 2014.[1]

No eido político, Fernando Clavijo afiliouse a ATI (hoxe Coalición Canaria) en 1992, e dende entón ocupou diferentes cargos de responsabilidade interna no partido, entre os que salientan o de Secretario Xeral dos mozos de ATI na Laguna dende 1997 a 2003, e o mesmo cargo a nivel insular dende 2001. Dende ese ano até o seu nomeamento como alcalde (o máis novo da historia do concello) foi primeiro tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo. Está en política dende 1992, sendo secretario xeral das mocidades ATI-CC e, posteriormente, presidente da Agrupación Local de Coalición Canaria na Laguna, ademais de pertencer á Executiva Nacional do partido. Dende 2012 é Secretario Xeral de Coalición Canaria en Tenerife.

Durante a súa alcaldía, a cidade cultivou varios premios internacionais, entre eles, os entregados polo Ministerio de Cultura, á xestión do Plan Especial de Protección do Centro Histórico, e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio ao modelo de Zona Comercial Aberta. Asemade, La Laguna obtivo o Premio Reina Sofía contra as Drogas.[2]

Foi o candidato de Coalición Canaria para a Presidencia do Goberno das Canarias nas eleccións autonómicas de 2015, tras derrotar a Paulino Rivero no Consello Político do seu partido celebrado o 12 de setembro de 2014. Tras esas eleccións, nas que a súa coalición obtivo 18 deputados, e, tras unha coalición co PSOE (15 deputados), accedeu á presidencia do Goberno da comunidade autónoma o 9 de xullo de 2015.

NotasEditar