Catedral de Nosa Señora dos Remedios
A Catedral de Nosa Señora dos Remedios tamén coñecida como Catedral de San Cristóbal de La Laguna, é a catedral sé da Diocese de San Cristóbal de La Laguna ou Diocese de Tenerife. Está adicada á Virxe María baixo o título de Nosa Señora dos Remedios, patroa da cidade de San Cristóbal de La Laguna, da illa de Tenerife e da Diocese de San Cristóbal de La Laguna.
Catedral de Nosa Señora dos Remedios | |
---|---|
![]() Exterior da catedral | |
Datos xerais | |
País | ![]() |
Tipo | Catedral |
Advocación | Nosa Señora dos Remedios |
Localización | San Cristóbal de La Laguna, Tenerife |
Coordenadas | 28°29′20″N 16°18′59″O / 28.488955555556, -16.316388888889Coordenadas: 28°29′20″N 16°18′59″O / 28.488955555556, -16.316388888889 |
Catalogación | Ben de Interese Cultural (1983) |
Culto | |
Culto | Católico |
Diocese | Diocese de San Cristóbal de La Laguna |
Arquitectura | |
Construción | 1904 - 1915 |
Fundador | Alonso Fernández de Lugo |
Estilo | Neoclásico, neogótico, renacemento |
Identificador | RI-51-0004949 |
[ editar datos en Wikidata ] |
A catedral está situada no centro histórico da cidade de La Laguna, declarado Patrimonio da Humanidade en 1999 pola UNESCO.
HistoriaEditar
En 1511 foi construída unha capela no lugar, por orde do conquistador de Tenerife, Alonso Fernández de Lugo.[1] En 1515 a capela orixinal foi substituída por unha igrexa máis grande. A igrexa converteuse en catedral en 1819 por unha bula do Papa Pío VII, cando a Diocese de Tenerife foi creada con xurisdición para toda a provincia de Santa Cruz de Tenerife. A fachada da catedral remóntase a 1820, mentres que a estrutura actual da catedral foi construída entre 1904 e 1915.[1]
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Datos historicos del templo catedral de Tenerife". Arquivado dende o orixinal o 10 de agosto de 2017. Consultado o 08 de febreiro de 2014.
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral de Nosa Señora dos Remedios |
Ligazóns externasEditar
- Diocese de Tenerife (en castelán).