Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna

O Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna é unha igrexa situada na cidade de San Cristóbal de La Laguna (Tenerife, Illas Canarias), á beira da Praza do Cristo de La Laguna. O Santuario é un dos máis importantes templos das Illas Canarias, que garda a imaxe do Santísimo Cristo de La Laguna, que é unha das imaxes máis veneradas polos canarios.

Real Santuario del Santísimo Cristo de La Laguna
Datos xerais
PaísEspaña
TipoSantuario
AdvocaciónCristo de La Laguna
LocalizaciónSan Cristóbal de La Laguna, Tenerife
Coordenadas28°29′37″N 16°18′45″O / 28.49361111, -16.3125
CatalogaciónBen de Interese Cultural (2005)
Culto
CultoIgrexa católica
DioceseDiocese de San Cristóbal de La Laguna
Arquitectura
Construción580
EstiloColonial canario
Páxina webhttp://www.cristodelalaguna.com/index.php
editar datos en Wikidata ]

Historia

editar

A igrexa foi construída en 1580 por orde de Alonso Fernández de Lugo (conquistador da illa). A igrexa forma parte dun convento franciscano e ten unha única nave, alta e estreita. A imaxe de El Cristo de La Laguna foi feita de madeira, en Flandres, polo escultor belga Louis Van Der Vule no século XVI. Esta imaxe, de gran valor histórico e artístico, ten gran devoción, non só na cidade de La Laguna, senón tamén no resto das illas. A imaxe está colocada nunha cruz de prata.

No interior, o altar maior está enteiramente feito de prata e ouro, neste altar é onde atopamos a imaxe do Cristo. Varios papas concederon indulxencias ao Santuario [1]. En 1906, o rei de España, Afonso XIII concedeu o título do Real Santuario.[2][3]

Xunto ao Santuario están o Cuartel Militar, a casa do xefe do Comando Militar de Área e as Illas Canarias.

Galería de imaxes

editar
  1. "Estatutos Oficiales de la Esclavitud del Santísimo Cristo de La Laguna" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de xaneiro de 2009. Consultado o 05 de xaneiro de 2009. 
  2. "Programa de actos 2007 Cristo de La Laguna" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de xullo de 2011. Consultado o 08 de xullo de 2011. 
  3. "Cristo de La Laguna. Página Web de su Hermandad". Arquivado dende o orixinal o 23 de agosto de 2007. Consultado o 12 de setembro de 2013. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar