La casa de la Troya (filme de 1925)

filme de 1925 dirixido por Alejandro Pérez Lugín
(Redirección desde «La Casa de la Troya (filme de 1925)»)

La Casa de la Troya é un filme mudo español rodado en Galicia en 1924 e estreado o 28 de xaneiro de 1925 no Teatro de la Zarzuela de Madrid.[2] A película baséase na novela homónima de Alejandro Pérez Lugín que foi un auténtico éxito de vendas desde a súa publicación en 1915. Lugín foi a alma do filme, foi o produtor por medio de Troya Film, e xunto a Manuel Noriega o guionista e o director.

La Casa de la Troya
Ficha técnica
DirectorAlejandro Pérez Lugín e Manuel Noriega[1]
ProdutorTroya Film
GuiónAlejandro Pérez Lugín e Manuel Noriega
Baseado enLa Casa de la Troya (novela) de Alejandro Pérez Lugín
IntérpretesCarmen Viance, Clotilde Romero, Luis Peña, Pedro Elviro, Florián Rey e Juan de Orduña
FotografíaJosé Gaspar, Agustín Macasoli [1]
Estrea1925
Duración180 minutos
OrixeGalicia Galicia
XéneroComedia, cine mudo
Na rede
IMDB: tt0014764 Filmaffinity: 107077 Editar o valor em Wikidata

Descrición editar

O filme rodouse no mes de agosto de 1924 na Coruña, Santiago de Compostela, Os Ánxeles (Brión), Betanzos, Pontedeume, Sada, Vigo e Combarro. Cun orzamento inicial de 300.000 pesetas converteuse na produción máis cara do cinema español daquela.[3] Os protagonistas foron Carmen Viance, Clotilde Romero, Luis Peña, Pedro Elviro, Florián Rey e Juan de Orduña. O filme foi un éxito de público en España, chegando a se estrear nos Estados Unidos co título de College Boarding House.

Consiste nun total de trece rolos e dura 3 horas; no ano 2005 o Centro Galego de Artes da Imaxe e a Filmoteca Nacional restaurárono.

Galería de imaxes editar

 
Alejandro Pérez Lugín con tres actores de La Casa de la Troya diante da Fachada das Pratarías.

Notas editar

Véxase tamén editar

Vídeos externos
  La casa de la Troya. 1925

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar