A casa da Troia

obra literaria de Alejandro Pérez Lugín
(Redirixido desde «La Casa de la Troya (novela)»)

A Casa da Troia,[2] orixinalmente La casa de la Troya. Estudiantina,[3] é unha coñecida e exitosa novela romántica do escritor Alejandro Pérez Lugín publicada en 1915, da que se fixeron múltiples reedicións, varias adaptacións ao teatro, cine e televisión e foi traducida a varias linguas. A acción desenvólvese en Santiago de Compostela. Na súa primeira edición a cuberta foi ilustrada por Castelao.[1] A obra, escrita en lingua castelá, está dedicada polo autor, fillo de santiaguesa e madrileño de nacemento, "A miña nai"[sic] (escrito así, en lingua galega).

A casa da Troia
Estudiantina
La Casa de la Troya 65 ed. Alejandro Pérez Lugín.pdf
PDF da 65ª edición
Título orixinalLa casa de la Troya
Autor/aAlejandro Pérez Lugín
CubertaCastelao (1ª ed.) [1]
OrixeEspaña
Lingualingua castelá
Tema(s)romántico
Xénero(s)novela
EditorialLibrería de la Viuda de Gregorio Pueyo, Madrid.
Data de pub.1915
Páxinas448
TraduciónAo galego: M. Pacheco (2020)
editar datos en Wikidata ]

TramaEditar

A obra narra a historia dun mozo da época, Gerardo Roquer, que leva unha vida desordenada en Madrid e é obrigado polo seu pai a estudar a carreira de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, algo que el interpreta como un desterro. Aínda que ao principio lle resulta difícil adaptarse á vida na que el ve como unha simple cidade de provincias, acabará establecendo boas relacións cos seus compañeiros de pensión (a chamada Casa de la Troya), e mesmo coñecerá o amor da súa vida, Carmiña de Castro Retén, unha moza que ten o pazo familiar en Sada.

Varios dos personaxes están baseados en persoas reais, como Enrique Labarta Pose, Carlos Pardo Pallín, Jacobo Gil Villanueva, Javier Puig Llamas ou Camilo Bargiela.[4]

Edicións e traduciónsEditar

A obra de Pérez Lugín foi un grande éxito na súa época. En 1925 as edicións do libro eran xa trinta e en 1946 existían setenta. En 1970 vendíanse en España 10 000 exemplares anuais da novela. En 1991 foi incluída na Biblioteca 114 (volumes 9 e 10). En 2004 foi incluída na Biblioteca Gallega de Autores en Castellano de La Voz de Galicia (vol. 7). En total foi reeditada máis dun cento de veces e traducida ao inglés, ao portugués, ao francés, ao italiano e ao danés.[5] En 2020 foi publicada por Auga Editora a tradución ao galego, de Mercedes Pacheco Vázquez.[2]

AdaptaciónsEditar

Foi adaptada a outros medios en varias ocasións: ao teatro, cinco veces ao cine (tres en España, unha nos Estados Unidos de América e unha en México)[6] e á televisión dúas veces (unha na Arxentina e outra en TVE):

 
Adaptación teatral de La casa de la Troya e Currito de la Cruz.[7]

Polémica sobre a autoríaEditar

Unha polémica contribuíu á popularidade da obra. En 1924 Pérez Lugín denunciou o xornalista José Signo, quen nun artigo no xornal vigués La Concordia afirmara que o autor da novela era o, daquela xa finado, Camilo Bargiela. O xornalista, defendido polo avogado Valentín Paz-Andrade, foi xulgado na Audiencia de Pontevedra en agosto de 1924 e condenado por inxurias. Pérez Lugín estivo defendido polo avogado Prudencio Landín Tobío, quen en 1925 publicou a obra La paternidad de La Casa de la Troya ante los tribunales de justicia.[12][13]

Galería de imaxesEditar

Rúa da Troia, 5,
Santiago de Compostela. 
The house of Troy, edición en inglés de 1922. 
La paternidad de La Casa de la Troya, 1925. 
Placa conmemorativa en Compostela. 

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 Primeira edición na BNE.
  2. 2,0 2,1 A Casa da Troia (2020). Colección Fervenza. Auga Editora. ISBN 978-84-121795-0-7.
  3. Edicións de La casa de la Troya na Biblioteca Nacional de España.
  4. "A novela" Museo Casa da Troya.
  5. "Preséntanse novas edicións da novela “La Casa de la Troya” de Alejandro Pérez Lugín, por primeira vez en galego, italiano e danés" (19/5/2021). lacasadelatroya.gal.
  6. "‘La Casa de la Troya’ e o cinema" Compostela Filmada. Concello de Santiago de Compostela.
  7. Biblioteca Digital Hispánica Biblioteca Nacional de España.
  8. "La casa de la Troya · España 1925" Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
  9. "La casa de la Troya · España 1936" Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
  10. "La casa de la Troya · España 1959" Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
  11. Vaquero Argelés 2015, p. 600.
  12. Landín Tobío, P. (1925). La paternidad de La Casa de la Troya ante los tribunales de justicia. Madrid: Editorial Reus. 
  13. Paramés Montenegro, C. (18/2/2007). "¿Escribió Lugín "La casa de la Troya"?". El Correo Gallego (en castelán). 

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar