Lei Orgánica de Universidades

(Redirección desde «LOU»)
Sistema educativo español
Réxime xeral
Réxime especial

A Lei Orgánica 6/2001 de Universidades (LOU) foi unha lei española, que reformou a estrutura e o funcionamento da educación universitaria.[1]Foi promulgada o 21 de decembro de 2001 polo segundo goberno do José María Aznar (PP).

Derrogou a Lei orgánica 11/1983 de Reforma Universitaria (LORU), que foi a primeira lei que configurou a estrutura e goberno das Universidades españolas para adaptar esta Institución aos preceptos da Constitución Española de 1978.[2]

O proceso de aprobación da lei de Universidades do 2001 tivo moita oposición social, xerando grandes manifestacións estudantís.[3]

No ano 2007, sendo xa presidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero, (PSOE), a LOU, á súa vez, foi modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril.

Cando o PSOE estaba na oposición xa se opuxera frontalmente a ela e no discurso de investidura do novo presidente do goberno, anunciouse que a LOU ía ser reformada de inmediato.[4][5] A reforma realizouse en abril do ano 2007, previamente publicouse o Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establecía a ordenación dos ensinos universitarios oficiais para a súa adaptación ao denominado Proceso de Boloña e a iniciación do Espazo Europeo de Educación Superior.[6]

Notas editar

  1. [1].Boletín Oficial del Estado-A-2001-24515
  2. [2] .Boletín oficial del Estado-A-1983-23432
  3. Especial diario El Mundo
  4. [3]
  5. Discurso investidura de Jose Luis Rodríguez Zapatero
  6. [4]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar