L'arbre de Guernica

filme de 1975 dirixido por Fernando Arrabal

L'arbre de Guernica é unha película dirixida por Fernando Arrabal en 1975, centrada na guerra civil española. Malia comezar coa Ofensiva do Norte na zona vasca, o filme é unha reprodución ficticia do conflito en todo o Estado español. O título alude á Árbore de Gernika, símbolo das liberdades vascas.

Argumento

editar

En 1936 comeza a guerra civil española. O exército sublevado comeza a invadir as zonas republicanas. No norte fican os redutos das provincias de Oviedo, Santander e Biscaia e mais de dúas poboacións de Guipúscoa, Elgeta e Éibar.

As tropas franquistas quedan detidas en setembro de 1936 no límite da provincia de Biscaia con Guipúscoa. O 26 de abril de 1937 prodúcese unha ofensiva que rompe a fronte. A Lexión Cóndor, unha unidade da Luftwaffe enviada polo Terceiro Reich en apoio ao bando franquista, probou os seus avións e tácticas de combate. Entre outros danos, bombardea e devasta a vila de Gernika-Lumo.

A película céntrase nas vivencias dun excéntrico pintor estadounidense, Goya (Ron Faber), aloxado no castelo do conde de Cerralbo ao comezo da guerra. Goya namórase de Vándala (Mariangela Melato). O filme céntrase no seu romance no marco da crueza da guerra na poboación ficticia de Vila de Ramiro.

Implicación da película

editar

Na película sinaláronse tinturas de desquite, un aspecto moi común desta temática na década de 1970. A crítica tamén destacou dela o aspecto surrealista, pois non pode ser considerada desde o punto de vista da realidade. É máis ben a Guerra Civil Española tal como a concibe Fernando Arrabal:

«Quero facer unha película da realidade tal e como a imaxino, sen ter sobre min o peso (...) dun coñecemento histórico dos feitos».[1]

O carácter onírico, absurdo e surrealista da película baséase no uso de xeneralizacións, tópicos e descualificacións grotescas de todo o relacionado co bando sublevado ou as institucións anteriores á Segunda República Española. Tamén se reflicte no trato humillante á Igrexa católica e á aristocracia.[2]

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar