Kuki Zalazar
José Luis Zalazar Martínez, máis coñecido como Kuki Zalazar, nado en Montevideo o 5 de maio de 1998, é un futbolista hispano-uruguaio que xoga como centrocampista no Deportivo da Coruña, da Primeira División RFEF. É fillo do exfutbolista internacional uruguaio José Luis Zalazar, histórico xogador do Albacete, e irmán do tamén futbolista Rodrigo Zalazar, que milita no Schalke 04.
Kuki Zalazar | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Luis Zalazar Martínez | ||
Nacemento | 5 de maio de 1998 | ||
Lugar de nacemento | Montevideo | ||
Altura | 1,76 m. | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña | ||
Número | 17 | ||
Carreira xuvenil | |||
Albacete | |||
2012–2015 | Málaga | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2014–2018 | Atlético Malagueño | 73 | (22) |
2017–2018 | → Cartagena | 25 | (1) |
2018–2021 | Valladolid Promesas | 85 | (20) |
2018–2021 | Valladolid | 2 | (0) |
2021–2022 | Ponferradina | 28 | (0) |
2022– | Deportivo da Coruña | 0 | (0) |
Selección nacional | |||
2014 | España sub-16 | 4 | (1) |
2014–2015 | España sub-17 | 17 | (6) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: actualizado a 31 de agosto de 2022. [ editar datos en Wikidata ] | |||
TraxectoriaEditar
Nacido en Montevideo, aos dous meses trasladouse coa súa familia a Albacete, seguindo os pasos de seu pai, xogador por aquel entón do Albacete Balompié.[1][2] Na canteira dese mesmo club comezou a xogar ao fútbol José Luis, que recibiu dun amigo o alcume de "Kuki".[1]
En maio de 2012, con 14 anos, foi fichado polo Málaga para o seu equipo cadete. Pasou polo equipo xuvenil e o 31 de agosto de 2014 debutou co Atlético Malagueño na Terceira División, nun empate sen goles ante o Atlético Mancha Real. Compaxinou o xuvenil de División de Honra co filial durante toda a campaña, ata que na 2015/16 subiu definitivamente ao Atlético.
Na tempada 2017/18 foi cedido ao FC Cartagena, da Segunda División B, onde tivo como adestrador a Monteagudo.[3] Disputou 27 encontros, marcando un gol ante o Extremadura, e proclamouse campión do seu grupo, aínda que sen lograr o ascenso, ao perder na promoción contra o propio Extremadura.[4]
En agosto de 2018 rescindiu o seu contrato co Málaga e fichou polo Valladolid B, tamén de Segunda B.[5] O 31 de outubro de 2018 debutou co primeiro equipo do Valladolid, da man do técnico Sergio González, saíndo de titular nunha vitoria por 1-2 na Copa do Rei sobre o Mallorca en Son Moix. Xogou no filial durante esa campaña e dúas máis, chegando a exercer como capitán. Disputou un total 85 encontros co equipo, marcando 20 goles. Na xornada 19 da tempada 2020/21 debutou na Primeira División,[6] contra o Elche (2-2), saltando ao campo de Zorrilla no minuto 89 como substituto de Óscar Plano.[7]
En agosto de 2021 deixou Valladolid e fichou pola Ponferradina, da Segunda División.[8] Xogou un total de 31 encontros no club do Bierzo, a maioría deles como suplente, e marcou un gol na Copa do Rei.
O 31 de agosto de 2022 anunciouse a súa fichaxe polo Deportivo da Coruña da Primeira División RFEF.[9]
Selección nacionalEditar
En 2014 debutou coa selección española sub-16, coa que disputou 4 partidos nos que marcou un gol. Máis tarde foi convocado pola selección sub-17, coa que fixo un total de 17 aparicións, anotando 6 goles.
Vida persoalEditar
É fillo de Eva Martínez e José Luis Zalazar, destacado futbolista uruguaio que foi 29 veces internacional coa selección uruguaia e que é o xogador con máis partidos na Primeira División da historia do Albacete.[10] Seu irmán Rodrigo é tamén futbolista e milita no Schalke 04.[11]
PalmarésEditar
- Cartagena
- Segunda División B (1): 2017/18.
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "La saga de los Zalazar". Marca (en castelán). 6 de novembro de 2014. Consultado o 31 de agosto de 2022.
- ↑ ""Kuki" Zalazar: "La primera vez que me llamaron fue un subidón"" (en castelán). 5 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2022. Consultado o 31 de agosto de 2022.
- ↑ Cariño, Carlos (8 de agosto de 2017). "Kuki, hijo del uruguayo Zalazar, se va cedido al Cartagena". As (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2022.
- ↑ "El Extremadura logra el ascenso a Segunda división". Marca (en castelán). 24 de xuño de 2018. Consultado o 31 de agosto de 2022.
- ↑ Domínguez, Jesús (30 de agosto de 2018). "Kuki Zalazar se suma al ataque del Promesas" (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2022.
- ↑ "Sergio Benito y Kuki Zalazar debutaron en Primera División". As (en castelán). 20 de xaneiro de 2021. Consultado o 31 de agosto de 2022.
- ↑ "Kuki Zalazar debuta por fin en Primera División" (en castelán). 20 de xaneiro de 2021. Consultado o 31 de agosto de 2022.
- ↑ "Zalazar, traspasado a la SD Ponferradina". Real Valladolid (en castelán). 27 de agosto de 2021. Consultado o 31 de agosto de 2022.
- ↑ "Kuki Zalazar, novo xogador do Dépor 22-23". Deportivo da Coruña. 31 de agosto de 2022. Consultado o 31 de agosto de 2022.
- ↑ Pérez, Jonás (10 de maio de 2019). "¿Qué fue de Zalazar? El maestro de las faltas del Queso Mecánico". As (en castelán). Consultado o 31 de agosto de 2022.
- ↑ "Rodrigo Zalazar devuelve al Schalke a la Bundesliga". Marca (en castelán). 7 de maio de 2022. Consultado o 31 de agosto de 2022.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Datos do xogador en LaPreferente.com (en castelán).