Keyuk Yantén

lingüista selk'nam

Joubert Blas Eduardo Yantén Gómez, nado en Santiago de Chile o 20 de novembro de 1990,[1] tamén coñecido polo seu nome indíxena Keyuk,[2] é un lingüista chileno de ascendencia selk'nam coñecido por ser o único falante fluído da lingua selk'nam logo da morte da arxentina Herminia Vera en 2014. Keyuk Yantén promove o uso desta lingua a través de música e poesía,[3] e promoveu a incorporación do pobo selk'nam dentro do recoñecemento estatal como un dos pobos indíxena en Chile, o cal foi considerado extinto polo estado chileno até setembro de 2023.[4]

Infotaula de personaKeyuk Yantén
Biografía
Nacemento20 de novembro de 1990 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Santiago de Chile Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeChile Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Chile Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlingüista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá, Lingua selk'nam e Lingua yámana Editar o valor em Wikidata

Instagram: keyuk_yanten Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

O seu bisavó, Terkoinar (irmán do xamán Tenenisk), foi un selk'nam nado en Cerro Sombrero, aldea situada na Terra de Fogo, antes da súa colonización por parte de Chile e a Arxentina, e foi bautizado baixo o nome español de Julio Gómez Cerda.[5] Julio contraeu matrimonio en 1904 con Dorila Rozas, curmá do senador e político chileno Ramón Rozas Garfias, quen defendeu o pobo selk'nam fronte ao congreso, demandado protección para este grupo indíxena.[6]

A súa nai, Ivonne Gómez Castro (Julpiniak), sufriu acoso escolar pola súa etnia na súa mocidade, polo cal decidiu manter os seus devanceiros indíxenas un segredo do seu fillo para que non sufrise a mesma discriminación.[7] Por isto, Yantén non soubo que tiña ascendencia selk'nam até os oito anos.[2]

Keyuk comezou os seus estudos da lingua selk'nam coa axuda do seu tío materno, quen lle ensinou varias frases nesta lingua antes de morrer.[8] En 2014, viaxou á Terra do Fogo xunto ao lingüista Luis Miguel Rojas-Berscia, onde alcanzou a falar con Herminia Vera, unha arxentina falante nativa da lingua, quen faleceu no xullo dese mesmo ano. Cos anos, estudou a lingua a través dos escasos dicionarios e gravacións de son feitas polas xesuítas na Terra de Fogo (incluíndo as de Lola Kiepja, unha das últimas mulleres selk'nam, finada en 1966),[7][9] axudándose polos escasos coñecementos da súa nai e o seu tío.

Colaborou en varios grupos musicais para manter a lingua viva, gravando varios CD e formando unha banda con dous amigos,[9] a cal chegou até tocar en concertos.[10] Por moito tempo, o Ministerio das Culturas, as Artes e o Patrimonio de Chile negouse a auspiciar estas actividades baixo a premisa de que a etnia selk'nam non foi recoñecida legalmente como un grupo indíxena activo.[7] Isto mudou en setembro de 2023, cando foi engadido á lista de pobos indíxenas recoñecidos en Chile.

Alén de selk'nam, é falante fluído en mapuche e semifluído en tehuelche, haush, kawésqar, quechua e inglés,[7] ademais de estudar a lingua dos yámana. Gran parte do seu coñecemento nesta última lingua foi logrado en colaboración con Cristina Calderón,[9] a última falante desta lingua, finada en 2022.

Notas editar

  1. Servizo de Rexistro Civil e Identificación de Chile, Certificado de Nacemento, Ñuñoa, Ano 1990, #2.431
  2. 2,0 2,1 Peña, Andrea (2015-08-03). "Keyuk Yanten: el joven poeta chileno que preserva una lengua a punto de desaparecer". El Ciudadano (en castelán). Consultado o 2023-04-14. 
  3. Rojas-Berscia, Luis Miguel (2014). Radboud University Nijmegen, ed. A Heritage Reference Grammar of Selk'nam (PDF) (en inglés). 
  4. "“Ya no estamos extintos”: El Estado reconoce a los Selk’nam como pueblo indígena de Chile « Diario y Radio Universidad Chile". radio.uchile.cl (en castelán). Consultado o 2023-09-07. 
  5. Yantén, Keyuk (2023-02-26). "Mi linaje Selk'nam". Instagram. Consultado o 2023-11-05. 
  6. Informe de la Comisión Verdad Histórica y Nuevo Trato con los Pueblos Indígenas (PDF). Comisionado Presidencial para Asuntos Indígenas. outubro de 2008. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Ross, Jen (2007-08-12). "Young Chilean keeps nearly extinct languages alive". SFGATE (en inglés). Consultado o 2023-04-14. 
  8. "El joven que está reviviendo un idioma agonizante". BBC News Mundo (en castelán). 2015-08-02. Consultado o 2023-04-14. 
  9. 9,0 9,1 9,2 Webber, Jude (2007-10-12). "First Person: Joubert Yantén Gómez". Financial Times. Consultado o 2023-04-14. 
  10. "El último hablante selk’nam resiste". www1.rionegro.com.ar. Consultado o 2023-04-15.