Karlos Arguiñano
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Karlos Arguiñano Urkiola, nado en Beasain o 6 de setembro de 1948, é un cociñeiro vasco, aínda que tamén desenvolveu actividades interpretativas e empresariais. É moi popular en España dende que apareceu en TVE nun programa de cociña.
(2008) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Karlos Arguiñano Urkiola 6 de setembro de 1948 (76 anos) Beasain, España |
Residencia | Zarautz |
Altura | 173 Pollastra-Levata (pt) |
Actividade | |
Campo de traballo | Cociña, televisión, libro de receitas e cocedura |
Lugar de traballo | Zarautz Aia |
Ocupación | cociñeiro, gastrónomo, actor, actor de cinema, presentador de televisión, escritor, empresario, actor de dobraxe |
Período de actividade | 1963 - |
Empregador | Atresmedia (2010–) Grupo Clarín (pt) (1997–2000) Mediaset España (1997, 1999, 2004–1998, 2000, 2010) Radio y Televisión Argentina Sociedad del Estado (en) (1996–1997) RTVE (1991, 2002–1996, 2004) EITB (1989, 2000–1991, 2002) Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles Hotel de Londres y de Inglaterra (en) Q12257425 Hotel María Cristina (en) |
Xénero artístico | Libro de receitas |
Familia | |
Fillos | Joseba Arguiñano |
Irmáns | Eva Arguiñano |
Premios | |
| |
Sitio web | hogarmania.com… |
Traxectoria
editarAínda que naceu en Beasain (Guipúscoa), residiu dende mozo e reside actualmente en Zarautz (tamén en Guipúscoa), onde ten o seu hotel restaurante. Cursou estudos primarios nos Agustinos de Lazcano (Guipúscoa), posteriormente estudos de mestría industrial, traballou na fábrica de trens de Beasáin como chapista. Xa con 17 anos decidiu apuntarse á Escola de Hostalaría de Hotel Euromar en Zarautz dirixido por Luis Irizar.
En 1978 crea un Hotel Restaurante en Zarauz, sito nun castelo construído en pedra rústica que constitúe unha auténtica xoia arquitectónica. En 1996 inaugurou tamén en Zarauz a Academia de Cocina Aiala.
Dende 2005 realiza un programa de cociña en Telecinco xunto a Juan María Arzak. Escribiu varios libros orientados á cociña fácil. A súa empresa, Bainet, é responsable tanto do seu programa de televisión como dos seus libros de cociña. Publica tamén libros de Arzak, Eva Arguiñano (irmá de Karlos) e Mikel Corcuera, entre outros. Bainet é ademais socio do GAMP (Grupo Audiovisual de Medios de Producción), consorcio propietario de laSexta. Nesta cadea produce Hoy cocinas tú, presentado por Eva Arguiñano, e Un país de chiste, con Óscar Terol.
Karlos Arguiñano promocionou a cociña en xeral e a española en particular por diferentes países: Estados Unidos, Arxentina, México, Suecia, Italia, Suíza, Alemaña, Francia... Impartiu clases de cociña, cursos, participou en Xurados Gastronómicos, conferencias, mesas redondas ou charlas.
Participou en varios filmes como Airbag de Juanma Bajo Ulloa (1997), Año mariano de Karra Elejalde e Fernando Guillén Cuervo (2000) e El rey de la granja de Carlos Zabala e Gregorio Muro (2002).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karlos Arguiñano |