Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles
Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles máis coñecido pola contracción do seu nome: CAF, é unha empresa vasca con sede social en Beasain (Guipúscoa) que leva décadas a construír trens e material ferroviario para as redes de tranvía, ferrocarril metropolitano e suburbano, de medio e longo percorrido e de alta velocidade máis importantes do mundo.
CAF | |
---|---|
![]() | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1917 |
Matriz | Grupo CAF, S.A. |
Localización | C/ José Miguel Iturrioz, 26. 20200 Beasain (Guipúscoa) ![]() |
Persoas clave | Andrés Arizkorreta |
Industria | Material ferroviario |
Produtos | Trens, material ferroviario |
Beneficio | 1450 millóns de euros (en 2014) |
Número de empregados | 7000 |
Na rede | |
http://www.caf.net/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
HistoriaEditar
As súas orixes remóntanse a 1895, cando Gustavo Carde e Nicolás Escoriaza fundaron a empresa de carpintaría mecánica e fabricación de material automóbil Carde e Escoriaza. Esta sociedade forneceu, entre 1895 e 1918, tranvías a cidades como Donostia, Bilbao, Cádiz, Madrid ou Barcelona entre outras. Asemade, produciu coches para o Metro de Madrid e diversos automotores e coches remolcados. En 1920 mudou o nome a Material Móvil y Construcciones, e en 1954 a Compañía Auxiliar de Ferrocarriles adquiriu o control da sociedade fundada por Carde e Escoriaza.[1]
Entre 1971 e 1992 naceu CAF, tal e como se lle coñece hoxe en día, após a fusión da empresa orixinal coa Compañía Auxiliar de Ferrocarriles e o traslado ás instalacións de Zaragoza. Logo chegou a súa presenza nos mercados europeos, a súa consolidación internacional e a cofundación de subsidiarias[1] como Actren en España[2] ou o consorcio Frota BH no Brasil[3]. Nos últimos anos encóntrase entre as 200 maiores empresas españolas.[4]
En xaneiro de 2018 confirmouse a participación do Goberno Vasco en CAF coa adquisición do 1,24% -por 15 millóns de euros- do total de accións da empresa.[5]
Alta VelocidadeEditar
Co seu automotor eléctrico de alta velocidade bautizado como Oaris, CAF busca introducirse nun nicho, o de velocidades máximas comercias en servizos de longo percorrido, encomendado até o de agora por Renfe a competidores como Talgo, Siemens ou Alstom.[6]
Material rodante fabricado por CAFEditar
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 "Construcciones y Auxiliar de Ferrocarriles (CAF). Oficina técnica". dara.aragon.es (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 2018-01-04.
- ↑ "LA COMPAÑIA". www.actren.es (en castelán). Consultado o 2018-01-04.
- ↑ "CAF SE ADJUDICA UN CONTRATO PARA SUMINISTRAR 35 UNIDADES A LA CIUDAD DE SAO PAULO EN BRASIL". www.caf.es (en castelán). Consultado o 2018-01-04.
- ↑ "Ranking de empresas Nacional". El Economista (en castelán). Consultado o 2018-01-04.
- ↑ "El Gobierno Vasco compra el 1,24% de las acciones de CAF por 15 millones de euros". El Diario Vasco (en castelán). 2018-01-04. Consultado o 2018-01-05.
- ↑ Gorospe, Pedro (2010-05-23). "'Oaris', la nueva alta velocidad de CAF". EL PAÍS (en castelán). Consultado o 2018-01-04.