Kareius bicoloratus
Kareius bicoloratus | |||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Dous exemplos de mimetización de K. bicoloratus | |||||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||||
Kareius bicoloratus (Basilewsky, 1855) |
Kareius bicoloratus (Basilewsky, 1855) é un peixe teleósteo da orde dos pleuronectiformes, suborde dos pleuronectoideos, familia dos pleuronéctidos e subfamilia do pleuronectinos,[1] única do xénero Kareius,[2]
Como todos os peixes da familia dos pleuronéctidos, ten o corpo aplanado, asimétrico, e os dous ollos situados no mesmo lado, na cara pigmentada.
Taxonomía editar
Xénero editar
O xénero Kareius foi creado en 1900 polos ictiólogos estadounidenses David Starr Jordan e John Otterbein Snyder.[2]
Especie editar
A única especie do xénero, Kareius bicoloratus foi descrita en 1855 polo zoólogo ruso Stepan Ivánovich Basilewsky,[3] baixo o nome de Platessa bicolorata.[1]
Sinónimos editar
Ademais de polo noeme orixinario que lle deu Basilewsky, a especie coñécese tamén polos seguintes sinónimos:[1]
- Platichthys bicoloratus (Basilewsky, 1855)
- Pleuronectes scutifer Steindachner, 1870
Etimoloxía editar
O nome científico do xénero, Kareius, deriva do grego antigo κάρα kára, "rostro", "cara".[4][5] E o específio, bicoloratus, está formado co elemento latino bi-, tirado de bis, "dúas veces", e o adxectivo colōrātus, -a, -um, "coloreado". Literalmente: "a da cara con dúas cores".
Características e bioloxía editar
É un peixe demersal, oceanódromo, que vive en augas mariñas, doces e salobres,[6] a profundidades de até os 150 m.[7]
Pode alcanzar unha lonxitude máxima de 50 cm,[8] e unha lonxevidade de 12 anos.[9]
Hábitat e distribución editar
Vive en fondos areosos e lamacentos nas zonas costeiras,[10][11] do noroeste do Pacífico: no Xapón e nas súas augas adxacentes, nas illas Kuriles, Sakhalin, a península de Corea, o norte da China e Taiwán.[4]
Notas editar
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Kareius bicoloratus (Basilewsky, 1855) no WoRMS.
- ↑ 2,0 2,1 Kareius Jordan & Snyder, 1900 no WoRMS.
- ↑ Liste de zoologistes publicada pola ICZN.
- ↑ 4,0 4,1 Kareius bicoloratus na FishBase.
- ↑ Romero, P. (2002): Diccionario etimológico de taxonomía. Madrid, non publicado.
- ↑ Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Germany.
- ↑ Novikov, N. P.; A. S. Sokolovsky, T. G. Sokolovskaya & Y. M. Yakovlev (2002): The fishes of Primorye. Vladivostok, Russia: Far Eastern State Tech. Fish. Univ.
- ↑ Masuda, H.; K. Amaoka, C. Araga, T. Uyeno & T. Yoshino (1984): The fishes of the Japanese Archipelago. Vol. 1. Tokai University Press, Tokyo, Japan.
- ↑ Kimoto, H.; S. Hiyama, Y. Arie & H. Ogawa (1991): "Stock management scheme for stone flounder in Suo-Nada". Nippon Suisan Gakkaishi 57 (6): 1009-1017.
- ↑ Masuda, H. & G. R. Allen (1993): Meeresfische der Welt - Groß-Indopazifische Region. Tetra Verlag, Herrenteich, Melle.
- ↑ Yamada, U.; S. Shirai, T. Irie, M. Tokimura, S. Deng, Y. Zheng, C. Li, Y. U. Kim & Y. S. Kim (1995): Names and illustrations of fishes from the East China Sea and the Yellow Sea. Overseas Fishery Cooperation Foundation, Tokyo, Japan.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kareius bicoloratus |
Bibliografía editar
- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, Missouri, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Cooper, J. A. & F. Chapleau (1998): "Monophyly and intrarelationships of the family Pleuronectidae (Pleuronectiformes), with a revised classification". Fish. Bull. 96 (4): 686-726.
- Eschmeyer, William N., ed. (1998): Catalog of Fishes. Special Publication of the Center for Biodiversity Research and Information, núm. 1, vol. 1-3. San Francisco (California, Estados Unidos): California Academy of Sciences. ISBN 0-940228-47-5.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.