Julio Rey Pastor

matemático español

Julio Rey Pastor, nado en Logroño o 14 de agosto de 1888 e finado en Buenos Aires o 21 de febreiro de 1962, foi un matemático español.

Infotaula de personaJulio Rey Pastor

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1888 Editar o valor em Wikidata
Logroño, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de febreiro de 1962 Editar o valor em Wikidata (73 anos)
Buenos Aires, Arxentina Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério da Recoleta (pt) Traducir 25°17′33″S 57°35′23″O / -25.292399, -57.589765 Editar o valor em Wikidata
Presidente Unión Matemática Argentina (en) Traducir
1949 – 1951
← Alberto González Domínguez (pt) TraducirAlberto González Domínguez (pt) Traducir →
Catedrático
1911 – 1952 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Gotinga (1913–1913)
Universidade Complutense de Madrid (–1910)
Universidade de Zaragoza (1904–) Editar o valor em Wikidata
Tese académicaQ98280577 Traducir Editar o valor em Wikidata (1910 Editar o valor em Wikidata)
Director de teseEduardo Torroja y Caballé (pt) Traducir e Felix Klein Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoMatemáticas Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónmatemático , profesor universitario , historiador das matemáticas , escritor Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Buenos Aires (1927–1952)
Universidade Complutense de Madrid (1915–1927)
Universidade de Oviedo (1911–1915) Editar o valor em Wikidata
Membro de
AlumnosCelina Haydée Repetto (en) Traducir, María Angélica Lucrecia Ferrari (en) Traducir, Esther Ferrari Descole (en) Traducir, Carmen Martínez Sancho e Ernesto Garcia Camarero Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoSixto Ríos (pt) Traducir, Olegario Fernández Baños (en) Traducir, Alberto González Domínguez (pt) Traducir, Josep Maria Orts Aracil (en) Traducir, Pedro Pineda y Gutiérrez (pt) Traducir, Ricardo San Juan Llosá (pt) Traducir, Angel Vegas Pérez, Ricardo San Juan Llosá (pt) Traducir, Kamen G. Ivanov (en) Traducir, José Rodríguez Sanz (en) Traducir, Roberto Araujo García (en) Traducir, Karlos Santamaria e Yanny Frenkel (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

Os seus primeiros estudos foron dirixidos na súa cidade natal pola familia da súa nai, e proseguiunos no Instituto Sagasta de Logroño, no que logrará o título de Bacharel en 1903. A súa primeira intención foi a de prepararse para a carreira militar, pero non é admitido na Academia Militar de Zaragoza, ao suspender ,entre outros, o exercicio de matemáticas e decide estudar Ciencias Exactas na propia Universidade de Zaragoza, onde foi alumno de Zoel García de Galdeano ao que Rey Pastor cualificaría de apóstolo da matemática moderna.[1]

En 1909 le a súa tese doutoral sobre Correspondencia de figuras elementais en Madrid, cidade na que funda, xunto a outros matemáticos, a Sociedade Matemática Española. En 1911 obtén por oposición a Cátedra de Análise Matemática da Universidade de Oviedo. En dous cursos obtivo bolsas da Xunta para a Ampliación de Estudos que os continúa en Alemaña: en 1911 en Berlín[2] e en 1913, en Gotinga, baixo a titoría de Felix Klein. Isto permitiulle coñecer de primeira man o Programa de Erlangen. En 1913 inaugurou o curso na Universidade de Oviedo cun discurso sobre a Historia de las Matemáticas en España, que posteriormente foi editado co título Los matemáticos españoles del siglo XVI. Desde 1914 exerceu a súa cátedracátedra na Universidade Complutense de Madrid. A súa actividade, desde estes primeiros anos en que conseguiu os seus postos académicos, foi acompañada da investigación histórica das orixes e evolución da matemática, con atención especial aos matemáticos españois. Froito dos seus cursos foi o Resumen de las lecciones de Análisis Matemático, que conteñen material que reproduciría ampliado posteriormente nos seus Elementos de Análisis Algebraico. Durante estes anos publicou numerosos artigos e ditou moitas conferencias. No Ateneo de Madrid pronunciou ao longo de 1915 un ciclo, continuando en certo xeito os de José Mariano Vallejo e José Echegaray, que se publicou ao ano seguinte nun pequeno volume co título de Introdución a la matemática superior. Foron leccións precursoras da nova orientación que estaban a tomar as matemáticas. En 1917 viaxou a Buenos Aires e ao seu regreso fundou a Revista Matemática Hispano-Americana. Foi precisamente en 1917 cando estivo por vez primeira en Buenos Aires, onde foi convidado pola Institución Cultural Española para ocupar a cátedra que acababa de deixar José Ortega y Gasset. A impresión que as súas conferencias produciron entre os estudantes de matemáticas foi tan grande que tivo que volver os anos seguintes. En 1919, de regreso en España, retomou a súa actividade no Laboratorio e Seminario Matemático que el mesmo fundara, dependente da Xunta para a Ampliación de Estudos e da Universidade de Madrid. Aquel ano, a revista da Sociedade Matemática Española entrou en crise por falta de artigos científicos, o cal fixo convocar unha xunta xeral extraordinaria para facer fronte ao problema. Cambiáronse os membros da xunta directiva, excepto García de Galdeano e Rey Pastor. Aprobouse a publicación da Revista Matemática Hispanoamericana, comprometéndose Rey Pastor a custeala.

Ingresou na Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas e Naturais en 1920, un ano antes de trasladarse de modo definitivo á Arxentina, onde obtivo un posto na Universidade de Buenos Aires, casou e tivo dous fillos. Con todo, mantivo estreitos contactos co mundo matemático español, posto que aproveitaba o período de vacacións arxentino para trasladarse a España, entre eles, mantivo intenso contacto co matemático e profesor palentino José del Corral y Herrero ao que tentou persuadir de que se fose con el a Arxentina debido á escaseza de oportunidades que brindaba naquela época España aos homes de Ciencia e intelectuais en xeral.[3] En 1954 ingresou tamén na Real Academia Española sucedendo na cadeira de brazos «F» a Emilio Fernández Galiano e precedendo a Manuel Halcón, marqués de Villar de Tajo (e un dos que posteriormente proporía a candidatura á RAE de Emilio Alarcos Llorach). En 1959 é nomeado profesor emérito pola Universidade de Buenos Aires. Ese mesmo ano concédeselle a Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio.[4]

Os seus traballos editar

Poden clasificarse en dúas categorías: os libros elaborados para estudantes (de matemáticas puras ou física) e as publicacións científicas ou estritamente as de investigación («paper»).

Tras a súa tese doutoral en 1909, Reyi Pastor investigou no terreo da xeometría alxébrica sintética, e xeometría proxectiva superior. Nas memorias que elaborou tras as súas estancias en Berlín e Gotinga trataba o estudo sintético de curvas, incorporando grupos de transformacións e axiomática. Coa creación en 1915 do Laboratorio e Seminario Matemático, traballou sobre historia da matemática, xeometría sintética real e complexa, representación conforme, teoría de Galois e métodos numéricos.

Recoñecemento editar

Aproveitando o movemento de rexeneración cultural que se produce en España tras a crise de 1898, Rey Pastor consegue saír de España e acceder ao que fai a elite matemática europea, algo que anima a facer a outros colegas seus como o matemático José del Corral y Herrero, quen, finalmente, optará por permanecer en España. Foi ademais un dos primeiros matemáticos españois que puido investigar en boas condicións, polo que foi un asiduo das publicacións especializadas da época e un científico recoñecido entre os seus iguais. A Biblioteca do Departamento de Matemática na Facultade de Ciencias Exactas da Universidade de Buenos Aires, o Premio Nacional de Investigación Matemática, unha rúa e un colexio concertado en Logroño, a súa cidade natal (Colexio Rey Pastor); o Instituto de Madrid, o I.E.S Rey Pastor, no Distrito de Moratalaz e a Biblioteca da Escola Politécnica Superior da Universidade Carlos III de Madrid, en Leganés, levan o seu nome. Quíxose tamén dar o seu nome a un cráter da Lúa, pero a Unión Astronómica Internacional rexeitouno, preferindo o do inglés Michael Faraday.[5]

A biblioteca Jorge Juan do CSIC conserva o fondo de Arquivo Julio Rey Pastor. Está composto de documentos procedentes do antigo Laboratorio e Seminario Matemático e do Instituto Jorge Juan de Matemáticas do CSIC, en particular os traballos do matemático Julio Rey Pastor, de cando era novo, como o manuscrito da súa tese. En bo estado de conservación, atópase nun depósito especial para a súa preservación; o contido exhaustivo deste fondo atópase no catálogo de arquivos da Rede de Bibliotecas e Arquivos do CSIC, e pódese consultar en alta resolución dentro do proxecto SIMURG.[6]

Considéraselle o iniciador dunha nova ciencia, a preoloxía.[7]

Obras editar

  • 1910 — Correspondencia de figuras elementais (tese doutoral)
  • 1915 — Teoría da representación conforme
  • 1916 — Introdución á matemática superior: estado actual, métodos e problemas (Madrid: Biblioteca Coroa)
  • 1916 — Fundamentos da xeometría proyectiva
  • 1917 — Elementos de análises algebraico
  • 1918 — Teoría de funcións reais (Madrid, Imprenta Ramona Velasco)
Resumo da teoría das funcións analíticas e as súas aplicacións físicas
  • 1922 — Resumen del curso de cálculo infinitesimal dictado en la Facultad de Ingeniería de Buenos Aires (Centro de Estudantes de Enxeñaría, UBA)
  • 1923 — Ciencia abstracta y filosofía natural
  • 1924 — Curso cíclico de matemáticas (Madrid, Ruiz de Lara Impr.)
Curso de cálculo infinitesimal (hai 2.ª. Edición de 1929)
  • 1924 — Leccións de álxebra
  • 1926 — Os matemáticos españois do século XVI (discurso inaugural do ano académico 1912/1913 na Universidade de Oviedo)
  • 1928 — Teoría xeométrica da polaridad (memoria elaborada en 1912)
  • 1930 — Nocións de trigonometría
  • 1931 — Teoría dos algoritmos lineais de converxencia e de sumación
  • 1931 — Un método de sumación de series
  • 1933 — Metodoloxía da matemática elemental (xunto a Pedro Puig Adam)
  • 1934 — Cosmografía
  • 1940 — Xeometría algebraica
  • 1942 — Elementos da teoría de funcións
  • 1943 — Lema de Pincherle e lema de Borel
  • 1944 — Integrais parciais das funcións de dúas variables en intervalo infinito
  • 1945 — A ciencia e a técnica no descubrimento de América
Newton químico
  • 1945 — Elementos de análises algebraico (Buenos Aires: Imprenta Index-Solís)
  • 1946 — Introdución á epistemoloxía de Aristóteles
  • 1946 — Introdución á epistemoloxía e fundamentación da matemática Buenos Aires: Espasa-Calpe)
  • 1951 — A matemática superior: métodos e problemas do século XIX
  • 1951 — Xeometría integral (xunto a Luís Santaló) (Ed. Espasa Calpe Arxentina)
  • 1951 — Historia da matemàtica (xunto a José Babini)
  • 1952 — Análise matemática (xunto a Pedro Pi Calleja e César Anselmo Trejo) Curso en 3 volumes, soado na literatura matemática de fala hispana.
  • 1955 — Os problemas lineais da física
  • 1958 — Funcións de Bessel (xunto a Antonio de Castro Brzezicki)
  • 1958 — Xeometría analítica (xunto a Luís Santaló e Manuel Balanzat), tamén soada entre os libros de texto en español. (Ed. Kapelusz)
  • 1960 — A cartografía mallorquina (xunto a Ernesto García Camareiro)
  • 2006 — Historia da matemática con José Babini, Gedisa editorial, Barcelona; ISBN 84-7432-809-8; prefacio de Juan Vernet

Notas editar

  1. Zoel García de Galdeano Arquivado 02 de xullo de 2020 en Wayback Machine. en la Gran Enciclopedia Aragonesa
  2. "Real orden aprobando la propuesta hecha por la Junta para ampliación de estudios é investigaciones científicas, para la concesión de pensiones en el extranjero." (PDF) (272). Madrid. 29 de septiembre de 1911: 786–787. Consultado o 12 de octubre de 2017. 
  3. Mateo Pinilla, Jesús. Mi Palencia íntima, editado por Amalio García Sieteiglesias, artículo/capítulo: "Mi última lección de matemáticas" J. Mateo Pinilla cuenta la anécdota de la invitación de Julio Rey Pastor a José del Corral Herrero de irse a Argentina
  4. Boletín Oficial del Estado núm. 79, de 02/04/1959, página 4990. Decreto 471/1959, de 1 de abril
  5. "Ficha del cráter de la Luna Faraday" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 02 de xullo de 2020. Consultado o 14 de enero de 2016. .
  6. "Archivo del CISC: tesoros de la ciencia". Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020. Consultado o 02 de xullo de 2020. .
  7. "La preología, una ciencia que nace en España". 13 de marzo de 1958: 43. 
Predecesor:
Emilio Fernández Galiano
 
Académico da Real Academia Española
Sillón F

19531962
Sucesor:
Manuel Halcón

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar