Gran Enciclopedia Aragonesa

enciclopedia

A Gran Enciclopedia Aragonesa, a miúdo abreviada como GEA, é unha enciclopedia temática sobre Aragón.

Historia editar

Antecedentes editar

O precedente da GEA é a obra Los aragoneses,[1] publicada en 1977 pola editorial Istmo, entre cuxos autores se atopa Eloy Fernández Clemente.

Edicións impresas editar

En 1978, José Mª Sáiz fundador da editorial Unión Aragonesa del Libro (UNALI) propón a Eloy Fernández Clemente dirixir unha enciclopedia sobre Aragón,[2] que verá a luz entre 1980-1981. Esta primeira edición da Gran Enciclopedia Aragonesa publicouse en 12 tomos e tivo unha grande acollida.

Entre 1983 e 2007, publicáronse os Apéndices I a V. Foron directores dos apéndices: Eloy Fernández Clemente (I, III e IV), Manuel Martín Bueno (II) e Wifredo Rincón García (V).

En 1999, a editora do xornal El Periódico de Aragón adquiriu os dereitos da enciclopedia e actualizouna, publicando ó ano seguinte unha nova edición da que se venderon máis de 8000 exemplares.[3] Esta nova edición é popularmente coñecida como GEA 2000.

GEA 2000 reordenou todas as voces e incluíu nunha mesma orde alfabética as de todos os apéndices publicados até entón, Apéndice I (1983), Apéndice II (1987) e Apéndice III (1997), polo que esa nova edición consta de 16 tomos.

GEA OnLine editar

A enciclopedia comezou a dixitalizarse en 2002, e en setembro de 2003 lanzouse a versión 1.0 da Gran Enciclopedia Aragonesa On-Line, que será coñecida como GEA OnLine. O Goberno de Aragón apoiou a revisión e actualización dos contidos da enciclopedia en liña para adaptalos ó currículo aragonés e fomentar así a súa utilización didáctica, á vez que o seu acceso libre a través de internet.[4]

Notas editar

  1. Borrás 2010, p. 176.
  2. Pinilla 2010, p. 92.
  3. Gran Enciclopedia Aragonesa. "Quiénes somos". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2017. Consultado o 23 de novembro de 2016. 
  4. Gobierno de Aragón, Departamento de Presidencia 2007, p. 11028.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar