José Rúa Figueroa
José Rúa Figueroa, nado en Santiago de Compostela o 20 de maio de 1820 e finado en Madrid o 22 de maio de 1855, foi un xornalista, revolucionario e escritor galego. Foi un dos pais do movemento provincialista en Galicia.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de maio de 1820 Santiago de Compostela, España |
Morte | 22 de maio de 1855 (35 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | escritor, político, xornalista |
Movemento | Romanticismo |
Pseudónimo literario | Juan do Porto |
Familia | |
Irmáns | Ramón Rúa Figueroa Manuel Rúa Figueroa |
Traxectoria
editarEstudou Medicina na Universidade de Santiago. Publicou alí o seu drama El arzobispo don Suero (1840), que a censura eclesiástica local impediu representar. Con Antonio Romero Ortiz fundou Santiago y a ellos (1842), periódico satírico de literatura e costumes, e xunto ó propio Romero Ortiz e Antolín Faraldo Asorey, El Porvenir (1845), que recollía os ideais do provincialismo galego. Participou na revolta de 1846, escribindo a súa historia en Madrid baixo o pseudónimo de Juan do-Porto.[1]
En Madrid interveu na revolta de 1848, dirixíndose logo á Coruña, onde foi encarcerado. Na prisión escribiu o drama inédito También por amor se muere. De novo en Madrid dirixiu o periódico progresista La Nación, e desde 1854 La Gaceta. Colaborou no Semanario Pintoresco Español con artigos costumistas sobre Galicia, como "La cascada de Toja", "Monte Furado" ou "Paso del Ulla en San Juan de Cova".
Interveu na revolución progresista de 1854, estando detido en diversos momentos. Resultou elixido deputado no Congreso en 1854 pola provincia da Coruña, morrendo no ano seguinte pouco despois de cumprir os trinta e cinco anos.[2]
Obra
editar- Reseña histórica de los últimos acontecimientos políticos de Galicia (1846) Arquivado 26 de decembro de 2021 en Wayback Machine.
Notas
editar- ↑ Martínez González, Xurxo (2015). La Oliva (1856-1857). Un xornal galeguista e progresista na soleira do Rexurdimento. (PDF). Universidade de Vigo. p. 61.
- ↑ Fraga, Xosé A. (2021-05-23). "A familia do enxeñeiro de minas Ramón Rúa-Figueroa, parentes distantes de Emilia Pardo Bazán". La Opinión de A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-01-10.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Rúa Figueroa |
Bibliografía
editar- Couceiro Freijomil, A. (1951-54). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 253.
- Ricardo Navas Ruiz, El Romanticismo Español. Madrid: Cátedra, 1982 (3.ª ed.).
Outros artigos
editar- Ramón Rúa Figueroa (irmán)
- Romanticismo
Ligazóns externas
editar- Obras dixitalizadas de José Rúa Figueroa Biblioteca Digital Hispánica, Biblioteca Nacional de España.