Abrir o menú principal

Ramón Rúa Figueroa

enxeñeiro de minas galego

Ramón Rúa Figueroa Fraga, nado en Santiago de Compostela en 1825 e finado en Madrid o 17 de decembro de 1874, foi un enxeñeiro de minas galego.

Ramón Rúa Figueroa
Nacemento25 de abril de 1825
 Santiago de Compostela
Falecemento17 de decembro de 1874
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónenxeñeiro de minas
Coñecido/a porApuntes para una biblioteca española de libros, folletos y artículos, impresos y manuscritos, relativos al conocimiento y explotación de las riquezas minerales y a las ciencias auxiliares : acompañados de reseñas biográficas y de un ligero resumen
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Estudou de Enxeñería de Minas na universidade de Madrid e chegou a ser enxeñeiro xefe e director das explotacións de Almadén. Irmán de José Rúa Figueroa, compartiu con el a ideoloxía liberal e pertenceu á xeración dos provincialistas galegos, que interviñeron no pronunciamento de 1846. Foi contrario ao intervencionismo estatal e acusou ao Estado da deixación das industrias extractivas. Colaborou en El Recreo Compostelano, El Porvenir, El Clamor de Galicia, despois en La Correspondencia de Galicia e Pero Grullo, e, na última etapa da súa vida, en El Heraldo Gallego. Cara 1855 dedicouse a tarefas literarias, coa escritura de lendas en prosa e un libro de versos titulado Ayer y hoy.

ObrasEditar

  • Noticia sobre la explotación del criadero de Rammelsberg (Harz) y beneficio de los minerales de cobre procedentes del mismo, 1856.
  • Noticia sobre la Fábrica de Cobrería y antigua Casa de Moneda de Jubia, 1858.
  • Ensayo sobre la historia de las minas de Río-Tinto, 1859.
  • Minas de Río-Tinto. Estudios sobre la explotación y el beneficio de sus minerales, 1868.
  • Apuntes para una biblioteca española de libros, folletos y artículos, impresos y manuscritos, relativos al conocimiento y explotación de las riquezas minerales y a las ciencias auxiliares, con Eugenio Maffei, 1871.
  • La minería hispana e iberoamericana, repertorio fundamental para la investigación histórica en la materia y otras afines, con Eugenio Maffei.
  • La Minería y la metalurgia española en la Exposición Universal de Viena, Madrid, 1874.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Ligazóns externasEditar