Almadén
Almadén é un concello español da provincia de Cidade Real, en Castela-A Mancha. Situado a 589 metros de altitude, ten unha poboación de 6.175 habitantes (2010).
Almadén | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Localización | |||
País | España | ||
Comunidade autónoma | Castela-A Mancha | ||
Provincia | Cidade Real | ||
Comarca | Almadén | ||
Xeografía | |||
Altitude | 589 msnm | ||
Superficie | 239,64 km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 6.175 hab. (2010) | ||
Densidade | 25,77 hab./km² | ||
Xentilicio | Almadenense | ||
Outros datos | |||
Código postal | 13400 | ||
Alcalde | Emilio García Guisado (PSOE) |
Posúe unhas importantes minas de cinabrio, mineral do que se extrae mercurio. As reservas deste mineral son as máis grandes do mundo e eran xa explotadas en tempos de Estrabón, Vitrubio e Plinio, que aluden ao cinabrio de Almadén ao mencionar a próxima cidade romana de Sisapo, situada no val de Alcudia.