Santiago y a ellos

Santiago y a ellos foi un semanario editado en Santiago de Compostela en 1842.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Periódico crítico, satírico, burlesco, de literatura y costumbres. Las letras, letras de cambio. Gallardo, apareceu o 13 de febreiro de 1842. Saía os domingos. Fundado e elaborado por Antonio Romero Ortiz e José Rúa Figueroa, editábase nos obradoiros do libreiro e impresor José Núñez Castaño. Satirizou a literatura e os costumes da época, o que provocou a súa suspensión por orde gobernativa.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.