Abrir o menú principal

Juan Rodríguez Aretio

futbolista español

Juan Rodríguez Aretio, nado en Ferrol o 10 de xullo de 1922 e finado o 24 de setembro de 1973[1], foi un futbolista e adestrador galego, que xogaba de centrocampista.

Juan Rodríguez Aretio
Nacemento10 de xullo de 1922
 Ferrol
Falecemento24 de setembro de 1973
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista e adestrador de fútbol
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Tras despuntar no fútbol rexional chegou ao Real Club Celta de Vigo na tempada 1943-1944 xunto con Pahiño co fin de suplir a baixa de dous mitos celestes, Nolete (retirado) e Del Pino (fichado polo Sabadell). No seu primeiro ano o Celta ascendeu a Primeira División Española e asentouse nesta categoría grazas a unha gran dianteira: Roig, Miguel Muñoz, Pahiño, Aretio e Vázquez. Mostrando o seu potencial chegando á final da Copa do Xeneralísimo o 4 de xullo de 1948 ante o Sevilla FC. Ao ano seguinte comezou a desfacerse o grupo de estrelas co traspaso de Pahiño e Miguel Muñoz ao Real Madrid uníndoselles máis tarde Gabriel Alonso, Sobrado e o porteiro Pazos e a retirada do fútbol de Roig. Aretio tamén deixou o Celta en outubro de 1949, para irse a Barcelona, previo pago de 500.000 pesetas.

Tras xogar no FC Barcelona, Real Murcia e Sporting de Xixón, Aretio volta ao Celta en novembro de 1953, pero xa non era o xogador do pasado, e concedéuselle a baixa ao rematar esa tempada. O seu vencello co Celta non rematou daquela, pois chegou a ser o seu adestrador nas tempadas 1961-62 e 1972-73, tras substituír a Pedro Dellacha.

Nesa última tempada acadou moita admiración entre a afección de Balaídos. A pesar de que o Celta tiña pé e medio en Segunda División Española, todo se decidía na última xornada e ante o Real Madrid adestrado por un ex-céltico, Miguel Muñoz. Nese partido, co campo ateigado de xente, os goles de Touriño en propia meta, Doblas e Jiménez levaron o Celta á salvación.

Pero o adestrador Aretio estaba enfermo. A súa permanente voz tomada levara a diagnosticar cancro de larinxe, sendo finalmente cancro de pulmón. En outubro de 1973, un mes despois da súa morte, xogouse un partido na súa homenaxe.

EstatísticasEditar

Como xogadorEditar

Tempada Equipo P. J. Goles
1943-49 Celta de Vigo 119 36
1949-50 Barcelona 17 5
1950-51 Murcia 24 5
1951-53 Sporting de Xixón 26 8
1953-54 Celta de Vigo 6 2

NotasEditar

Véxase taménEditar