Pedro Dellacha

futbolista arxentino

Pedro Rodolfo Dellacha, nado en Lanús (Buenos Aires) o 9 de xullo de 1926 e finado en Vicente López (Buenos Aires) o 31 de xullo de 2010, foi un xogador e adestrador de fútbol arxentino que xogaba de defensa. Defendeu a Selección de fútbol da Arxentina en 35 ocasións.

Pedro Dellacha
Información persoal
Nacemento 9 de xullo de 1926
Lugar de nacemento Lanús
Falecemento 31 de xullo de 2010
Altura 174 centímetros
Posición defensa
Na rede
FIFA: 48404 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Como futbolista editar

Formouse nas categorías inferiores de Boca Juniors, pasando despois a Quilmes e Racing de Avellaneda. Retirándose do fútbol en México no Necaxa no ano 1965

Como adestrador editar

No mesmo ano da súa retirada deu o paso aos bancos. E neles tivo unha extensa carreira conseguindo títulos de Liga en catro países diferentes, a Arxentina, o Uruguai, Colombia e o Perú e conduciu a Independiente a dous campionatos de Copa Libertadores (1972 e 1975) e a Copa Intercontinental ante o Ajax en 1972.

Na tempada 1972-73 dirixe ao Celta de Vigo,[1] onde un equipo con moi poucos reforzos non fixo bo ano tendo que dimitir Dellacha antes de finalizar a tempada. Foi substituído por Aretio á fronte do club, quen o salvou do descenso.

Dellacaha completou unha extensa carreira como técnico, que terminou en México no ano 1993.

Notas editar

  1. "Un grande en el banco celeste". El Pueblo Gallego (en castelán). 7 de xullo de 1972. p. 14. Consultado o 26 de xaneiro de 2021.