Juan Rivas Fernández

pintor, fotógrafo e docente galego


Juan Rivas, nado en Pontevedra en 1974,[1] é un pintor, fotógrafo e docente galego. Reside en Marín e foi profesor de ensino medio en Maside e A Illa de Arousa e, altualmente imparte clases no IES Gonzalo Torrente Ballester de Pontevedra.

Modelo:BiografíaJuan Rivas Fernández
Biografía
Nacemento1974 Editar o valor en Wikidata (49/50 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo, pintor, profesor de ensino secundario Editar o valor en Wikidata

Instagram: juanrivasfdz BNE: XX1488090 Editar o valor en Wikidata

Formación

editar

Licenciado pola Facultade de Belas Artes de Pontevedra, na Universidade de Vigo, en 1999. Estudou na Universidade de Kingston en Londres, cunha bolsa Erasmus no curso 1996-97). Obtivo tamén a bolsa de pintura do Concello de Mojácar (Almería, 1999). Bolsa Novos Valores (Deputación de Pontevedra, 2005) e Artist in ResidenceKrems an der Donau (Austria, 2009).

Traballos

editar

Rivas realiza obras consistentes en debuxar a paisaxe en soportes que formen á súa vez parte da paisaxe, como un poste, farola, pedra, etc. de maneira que unha vez rematado o debuxo, dende ese punto, se poidan ver a paisaxe e o seu debuxo, con técnicas rápidas como pastel, xices, lapis de cores, rotuladores, etc. para captar a luz do momento.[2] Logo ese debuxo é recollido nunha fotografía que á súa vez constitúe a obra que se presenta nas salas de exposición.

Exposicións

editar

Entre outras, ten realizado exposicións como: Luz que nunca se apaga Galería Estampa, Madrid e Pazo Torrado de Cambados;[3] Álbum Buzzati Espacio Valverde, Madrid (2015). Paisajes Tuneados Galería Estampa, Madrid (2012). Nö Dokumentationszentrum für Moderne Kunst, St. Pölten, Austria; Share your dreams, Junge kunst aus der EU, Suppan Contemporary, Viena, Austria (2009). Diálogos pictóricos (con Juan Moreno Badía). 2015 e 2020 no Pazo de Cultura de Pontevedra.

  1. "Juan Rivas Fernández". Pintores Gallegos. 
  2. "juan rivas". INÉDITO. 2016-04-12. Consultado o 2022-03-05. 
  3. Cambados, Redacción (2016-03-31). "Juan Rivas expone "Luz que nunca se apaga" en Pazo Torrado". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-03-05. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar