Juan Negrín

presidente do Goberno de España (1937-1945)
(Redirección desde «Juan Negrín López»)

Juan Negrín López, nado en Las Palmas de Gran Canaria o 3 de febreiro de 1889 e finado en París o 12 de novembro de 1956, foi un fisiólogo e político español. Catedrático de Fisioloxía, como eminente investigador nese ámbito chegou a ser considerado un precursor da bioquímica. Mestre, entre outros, dos profesores Severo Ochoa (galardoado co premio Nobel de Fisioloxía e Medicina) e Grande Covián. Presidente (1937-1945) do Goberno da Segunda República Española.

Modelo:BiografíaJuan Negrín

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Juan Negrín López Editar o valor en Wikidata
3 de febreiro de 1892 Editar o valor en Wikidata
As Palmas de Gran Canaria, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de novembro de 1956 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 88 48°51′46″N 2°23′50″L / 48.862644, 2.397256
Grave of Negrín López (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Minister of National Defence (en) Traducir
5 de abril de 1938 – 31 de marzo de 1939
← Indalecio Prieto
Presidente do Consello de Ministros
17 de maio de 1937 – 5 de marzo de 1939
← Francisco Largo CaballeroJosé Miaja (pt) Traducir →
Ministro de Facenda
4 de setembro de 1936 – 5 de abril de 1938
← Enrique Ramos Ramos (pt) TraducirFrancisco Méndez Aspe →
Deputado nas Cortes republicanas

15 de marzo de 1936 – 2 de febreiro de 1939

Circunscrición electoral: Palmas (Las) (en) Traducir
Deputado nas Cortes republicanas

7 de decembro de 1933 – 7 de xaneiro de 1936

Circunscrición electoral: Madrid (capital)
Deputado nas Cortes republicanas

13 de xullo de 1931 – 9 de outubro de 1933

Circunscrición electoral: Palmas (Las) (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónInstitución Libre de Enseñanza Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, médico, profesor universitario, catedrático Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade Central Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español (1929–1946) Editar o valor en Wikidata
AlumnosSevero Ochoa, José María García Valdecasas Santamaría (pt) Traducir, Francisco Grande Covián e José Domingo Hernández Guerra Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia soviética armenia Editar o valor en Wikidata
BNE: XX4578686 Find a Grave: 110776776 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar
 
Placa conmemorativa na rúa Ferraz de Madrid

Nomeado ministro de Facenda en setembro de 1936 no goberno de Largo Caballero.

Membro do PSOE, trala dimisión de Largo Caballero en maio de 1937 o Presidente da República Manuel Azaña nomeouno Presidente do Goberno, coa esperanza de fortalecer o poder central fronte a sindicatos e anarquistas, aliándose coa burguesía e clases medias, poñendo así fin ao movemento revolucionario e creando unha economía de guerra. Todo iso coa intención de enlazar o conflito español coa segunda guerra mundial, que cría inminente, aínda que o pacto de Múnic fixo esvaecer definitivamente toda esperanza de axuda exterior.

Convenceu a Azaña para que autorizase o envío de parte do tesouro do Banco de España a Moscova a fin de poder pagar o armamento que a República se vía obrigada a comprar á Unión Soviética, xa que esta esixía o pago por adiantado. Esta fonte de fornecemento era a única alternativa viable ante a negativa das potencias democráticas a vender armas a España, amparándose na política do "Pacto de non intervención" do que, paradoxalmente, Alemaña e Italia, principais subministradores dos nacionalistas, tamén eran signatarios.

No plano militar lanzou unha serie de ofensivas (Brunete, Belchite, Teruel e Ebro).

Ante o derrubamento de Cataluña, propuxo na reunión das Cortes en Figueres (Cataluña) a rendición coa soa condición do respecto ás vidas dos perdedores, pero ao non poder atinxir este obxectivo trasladouse en febreiro de 1939 á zona centro coa intención de lograr a evacuación co mesmo éxito con que se realizou en Cataluña, pero a rebelión de Segismundo Casado frustrou este último plan.

Presidente do Goberno da República no exilio ata 1945, organizou o SERE para axudar aos exiliados.

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Miralles, Ricardo. Prólogo de Paul Preston. Juan Negrín. Ed. Temas de Hoxe. Madrid, 2003.

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar