Juan Luis Dalda
Juan Luis Dalda Escudero, nado na Coruña en 1944 e finado na mesma cidade o 8 de febreiro do 2011, foi un urbanista e profesor universitario galego[1]. Pertencía a unha coñecida familia coruñesa de construtores e artistas[2].
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1944 ![]() A Coruña, España ![]() |
Morte | 8 de febreiro de 2011 ![]() A Coruña, España ![]() |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | urbanista ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarDoutor en arquitectura, carreira que cursou en Madrid e Berlín, na especialidade de Urbanismo[3].
Labor académica
editarJuan Luis Dalda era profesor da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña dende o ano 1979. Comezou impartindo Estética e Composición para, dous anos despois, encargarse da docencia de Urbanística e Ordenación do Territorio, da que foi profesor titular dende 1995 ata a súa morte[4][5][6][7].
Traballou tamén en proxectos de investigación sobre a estrutura territorial do eixo atlántico Galicia-Norte de Portugal, elaborados por encargo da Asociación de Cidades do Eixo Atlántico.
Percorrido profesional
editarA súa andaina profesional foi derivada da súa militancia política no contorno de Enrique Tierno Galván e, posteriormente, no Partido Comunista de España, no Madrid da década de 1960[3]. Formou parte do grupo Eusa, que por encargo da Fundación Botín redactou o proxecto de rexeneración ambiental sa baía de Santander, pioneira naquela época. Xa en Galicia, en 1975 entrou a formar parte do equipo dirixido por Andrés Fernández-Albalat para a realización do proxecto coñecido como La Ciudad de las Rías, a primeira proposta de ordenación urbanística da área metropolitana coruñesa, que acadou un grande impacto nos medios pero que nunca chegou a materializarse[1].
En 1978 fundou na Coruña, xunto con Ánxel Viña Carregal, Carlos de la Guardia e José Ramón Fernández Antonio, o gabinete Oficina de Planeamiento S.A., cos que participou na dirección de plans e proxectos urbanísticos nas principais cidades de Galicia[8][9]. A súa práctica profesional en Galicia foi extensísima, participou na redacción do planeamento urbanístico municipal dos concellos de Ferrol, Oleiros, Vigo, Ourense, Betanzos e Santiago de Compostela, entre outros. É tamén autor dos plans especiais de protección e rehabilitación do recinto amurallado de Lugo, dos cascos antigos de Ribadeo, Muros e Vigo e de conxuntos históricos como o barrio da Magdalena de Ferrol[1]. Realizou tamén os plans especiais de ordenación dos portos de Vigo e Ferrol[9].
Recibiu o Premio Europeo de Urbanismo 1997-1998 polo Plan Especial de Protección e Rehabilitación da Cidade Histórica de Santiago de Compostela, concedido pola Comisión Europea e o Consello Europeo de Urbanistas.
Obra
editarJuan Luis Dalda elaborou diversos estudos estratéxicos e proxectos de investigación sobre a estrutura territorial das cidades do Eixo Atlántico Galicia-Norte de Portugal.
- A Cidade Difusa en Galicia. Xunta de Galicia. 2005. En colaboración con Manuel G. Docampo e Javier G. Harguindey.
- Identidade Territorial. Proxecto Terra. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. 2006.
- (coord.) (1989). Parque do río Cádavo, Fene: ideas para o seu acondicionamento urbanístico. Pontedeume, López Torre.
- O Sistema Urbano do Eixo Atlántico. Porto, Cámara Municipal. 1996.
- Teoría y método del planeamiento general y urbano. Universidade da Coruña. ISBN 8497493703.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 GUTIÉRREZ, J.M. (09/02/2011). www.laopinioncoruna.es, ed. "Fallece el prestigioso urbanista gallego Juan Luis Dalda". Consultado o 10/02/2011. (en castelán)
- ↑ www.laopinioncoruna.es, ed. (07/04/2009). "El arte de Pilar Escudero". Consultado o 18/01/2011. (en castelán)
- ↑ 3,0 3,1 ESTÉVEZ, X. (12/02/2011). www.elpais.com, ed. "Juan Luis Dalda, un urbanista comprometido". Consultado o 15/02/2011. (en castelán)
- ↑ www.xunta.es, ed. (09/02/1995). "Resolución do 9 de febreiro de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de urbanística e ordenación do territorio, do departamento de Proxectos Arquitectónicos e Urbanismo, a Juan Luis Dalda Escudero". Consultado o 18/01/2011.
- ↑ Concello da Coruña (ed.). "Juan Luis Dalda". Consultado o 18/01/2011.
- ↑ www.udc.es (ed.). "Proxectos arquitectónicos. Profesorado". Arquivado dende o orixinal o 05/02/2012. Consultado o 18/01/2011.
- ↑ www.udc.es (ed.). "Escola Técnica Superior de Arquitectura. Departamentos". Arquivado dende o orixinal o 24/03/2010. Consultado o 18/01/2011. (en castelán)
- ↑ "Ánxel Viña Carregal" (Pdf). Consultado o 18/01/2011. (en castelán)
- ↑ 9,0 9,1 OBELLEIRO, P. (09/02/2011). www.elpais.com, ed. "Muere Dalda, figura clave del urbanismo comprometido". Consultado o 15/02/2011. (en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Proxecto terra. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.
- Mesa redonda Directrices da Ordenación do Territorio de Galicia. Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña.
- ALTARES, G. (17/01/1993). www.elpais.com, ed. "Un año para soñar una ciudad". Consultado o 18/01/2011. Artigo sobre As transformacións urbanas na Compostela do Xacobeo 93. (en castelán)