Xerardo Estévez

político e arquitecto galego

Xerardo Denis Felipe Estévez Fernández, nado o 25 de maio de 1948 en Santiago de Compostela, é un arquitecto e político galego.

Xerardo Estévez

30 de xuño de 1987 – 23 de decembro de 1998
Precedido por Ernesto Viéitez Cortizo
Sucedido por Xosé Sánchez Bugallo

23 de maio de 1983 – 1986
Precedido por Marcial Castro Guerra
Sucedido por Ernesto Viéitez Cortizo

Datos persoais
Nacemento 25 de maio de 1948 (75 anos) Santiago de Compostela, Galicia
Partido PSdeG-PSOE (ata 1998)
Profesión Arquitecto
Alma máter Universitat Politècnica de Catalunya

Traxectoria editar

Estudou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Barcelona, especializándose en urbanismo. Establecido en 1972 en Compostela, exerceu como arquitecto e urbanista formando con outros profesionais o equipo Oikos, e realizou traballos de investigación sobre arquitectura, planeamento e patrimonio.

Como alcalde de Santiago de Compostela nos períodos 1983-1986 e 1987-1998, aplicou a súa formación a fomentar a conservación e a transformación da cidade a través do planeamento, a arquitectura e a cultura[1]. Promoveu a inclusión da cidade e do Camiño de Santiago na lista do Patrimonio Mundial, e a elección como unha das Cidades Europeas da Cultura no ano 2000.

Durante o seu mandato Compostela recibiu numerosos galardóns, entre os que destaca o Premio Europeo de Urbanismo 1998 polo Plan Especial da Cidade Histórica. Impulsou o Real Padroado de Santiago de Compostela e a creación do Consorcio de Santiago, órgano no que as administracións local, autonómica e estatal cooperan nas políticas urbanas e na conservación do conxunto histórico.[2]

Foi deputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia entre os anos 1981 e 1983, e membro do Congreso dos Deputados de España entre 1993 e 1995.

En 1999 reincorporouse á práctica da arquitectura, que compaxina coa actividade como conferenciante e escritor, profesor de cursos de urbanismo e patrimonio, e co asesoramento a administracións e institucións. Colabora habitualmente nas páxinas de opinión de La Voz de Galicia.

Entre outras distincións, está en posesión do título de Fillo Predilecto e Medalla de Ouro de Santiago de Compostela, Medalla Castelao da Xunta de Galicia e medalla do Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España.

Obra editar

  • Compostela, vanguardia y sosiego (2000). Con Xurxo Lobato e Manuel Rivas.
  • Santiago de Compostela. Planeamiento y gestión (2000). En J. Maderuelo (Ed.) Arte público: Naturaleza y Ciudad.
  • Santiago de Compostela, Spain (2001). En R. Pickard (Ed.) Management of Historic Centres.
  • Educación e urbanismo. A cidade como proxecto cívico (2001). En M. A. Santos Rego e M. M. Lorenzo Moledo (Eds.) A construcción educativa da cidade. Unha perspectiva transversal.
  • Opinión y práctica en la ciudad histórica (2004). Quintana, revista de estudios de Historia da Arte, 3.
  • Paisajes urbanos con-texto y sin-texto (2007). En J. Nogué (Ed.) La construcción social del paisaje.
  • Paisajes y Palabras (2012).
  • Galícia. Del paisatge rururbà al megaterritori antropitzat (2012). En Franges. Els paisatges de la perifèria.
  • Compostela, ayer y hoy (2013). En Arqueología de la memoria reciente. Construcción de la ciudad y el territorio en España 1986-2012.
  • Ciudad histórica: lugar de culto vs. espacio político (2013). Encuentro Internacional de Arquitectura Contemporánea en Ciudades Históricas, Sevilla.
  • Bonaval, de onte a hoxe. Da arquitectura á cidade (2019). Con C. García Braña, M. X. Fernández Cerviño e A. Alonso Lorenzo.
  • La Catedral de la Arquitectura (2022). Ed., con M. X. Fernández Cerviño e A. Martín Prieto.
  • Compostela como desexo (2022). Con A. Baamonde, F. Barros, A. Salgado e X. M. Villanueva.

Notas editar

  1. "La España fea, por cutre |Juli Capella (AxA)". arqxarq (en catalán). 2022-05-05. Consultado o 2022-05-07. 
  2. Rubio, Andrés (2022-04-13). "Españoles, esto es indigno de España". El País (en castelán). Consultado o 2022-07-28. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Castro, X. e Villalaín D. (1993) Entrevista con Xerardo Estévez. Grial, 119, pp. 325-340.
  • Álvarez Pousa, L. (1998) Xerardo Estévez, paixón de arquitecto. Tempos Novos, 14, pp. 34-40.
  • Beramendi, J. (2003) Santiago, caput Gallaeciae. En E. Portela Silva (Coord.) Historia da cidade de Santiago de Compostela. Concello de Santiago, Consorcio de Santiago, Universidade de Santiago, pp. 599-606
  • Hernández Soriano, R. (2016) Santiago de Compostela, historia y progreso. El xacobeo como instrumento de transformación urbana. En La Cultura y la Ciudad. Granada: Universidad de Granada, pp. 1.005-1.012.
  • Rubio, A. (2022) España fea. El caos urbano, el mayor fracaso de la democracia. Debate.

Outros artigos editar


Predecesor:
Marcial Castro Guerra
  
Alcalde de Santiago
 
1983 - 1986
Sucesor:
Ernesto Viéitez Cortizo
Predecesor:
Ernesto Viéitez Cortizo
  
Alcalde de Santiago
 
1987 - 1998
Sucesor:
Xosé Sánchez Bugallo