Juan Jeremías Montero

industrial e político galego

Juan José Jeremías Montero, nado en Santiago de Compostela o 28 de maio de 1889 e finado en Guadalaxara (México) o 10 de setembro de 1950, foi un industrial e político galego.

Juan Jeremías Montero
Nacemento28 de maio de 1889
Lugar de nacementoSantiago de Compostela
Falecemento10 de setembro de 1950
Lugar de falecementoGuadalaxara, México
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónindustrial e político
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de José Jeremías Cabezas e Encarnación Montero Pasantino, sobriño de Eugenio Montero Ríos. Foi elixido presidente da Juventud Republicana de Santiago de Compostela en decembro de 1912.[1] Correlixionario de Emiliano Iglesias, mantivo contactos con el durante a súa visita a Galicia en setembro de 1921.[2] Dono dunha fábrica de chocolate en Pontecesures. Na República foi alcalde de Pontecesures do 5 de xuño de 1931 ao 30 de xullo de 1936.[3] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 pasou á zona leal e foi auxiliar da administración de xustiza no xulgado de Belchite e en maio de 1938 foi destinado ao Xulgado especial Xeral de Evasión de Capitais en Barcelona.[4] Coa derrota da República pasou a Francia e exiliouse en México, arribando ao porto de Veracruz o 27 de xullo de 1939 a bordo do vapor Mexique.[5]


Predecesor:
Ramón Diéguez Carlés
  
Alcalde de Pontecesures
 
1931 - 1936
Sucesor:
Jesús Cabeza Sierra

ObrasEditar

  • El filo de la traición, 1943.

Vida persoalEditar

Casou con Concepción Carlés Romero, fila de José Carlés Romero, alcalde de Valga, en 1915.[6]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar