Ramón Diéguez Carlés
industrial e político galego
Ramón Diéguez Carlés, nado en Pontecesures e finado no mesmo concello en setembro de 1968, foi un industrial e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Pontecesures, España |
Morte | setembro de 1968 Pontecesures, España |
Alcalde de Pontecesures | |
25 de abril de 1931 – 5 de xuño de 1931 – Juan Jeremías Montero → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | empresario, político, químico |
Traxectoria
editarEstudou química e farmacia na Universidade de Santiago de Compostela, e comezou a traballar en Madrid no laboratorio de José Casares Gil. Foi propietario e director da Cerámica Celta de Pontecesures dende 1926, cando fusionou a súa empresa de cal La Calera coa Cerámica Artística Gallega. Coa proclamación da República foi nomeado alcalde de Pontecesures o 25 de abril de 1931, permanecendo no cargo até o 5 de xuño.[1] No franquismo foi presidente da Sociedad Deportiva Ulla. Finou en Pontecesures en setembro de 1968.[2]
Predecesor: José Carlés Braña |
Alcalde de Pontecesures 1931 |
Sucesor: Juan Jeremías Montero |
Vida persoal
editarCasou con María de la Paz Sierra Ramos en 1924,[3] e foi pai de José e Jorge Diéguez Sierra.