Josep Maria Serra i Julià, nado en Mataró o 11 de marzo de 1811 e finado en Benicàssim o 8 de setembro de 1886, foi un relixioso catalán, misioneiro con Rosendo Salvado en Australia e fundador da orde de Oblatas do Santísimo Redentor.

Josep Maria Serra i Julià
Bispo da Igrexa católica latina
Biografía
Nacemento11 de marzo de 1811 en Mataró, provincia de Barcelona
Pasamento8 de setembro de 1886 en Benicàssim, provincia de Castelló
Ordes
Ordenación sacerdotal19 de marzo de 1835, por Rafael de Vélez
Consagración episcopal15 de agosto de 1848, por Giacomo Filippo Fransoni
Bispo coadxutor de Perth
1849 - 1862
Outros
Ficha en catholic-hierarchy.org

Traxectoria editar

Orixes e primeiros anos editar

Era fillo de Josep Serra i Fuster, comerciante, e mais de Teresa Julià. Con once anos quedou orfo, e educouse en Barcelona. Tomou o hábito bieito en 1827 no mosteiro de San Martiño Pinario, tomando o nome relixioso de Benito. Estudou despois en Iratxe (Navarra) e Oviedo, ata a súa ordenación sacerdotal o 19 de marzo de 1835[1]. Nese ano suprimíronse as ordes relixiosas en España e Serra marchou a Italia entrando na abadía de La Cava, próxima a Nápoles.

Estada en Australia editar

En 1844 partiu voluntario de misioneiro a Australia, desembarcando en Elizabeth o 8 de xaneiro de 1846. Alí estableceu unha comunidade con catro relixiosos bieitos, entre eles Rosendo Salvado, que edificaron preto de Perth o mosteiro de New Norcia (1847). O día 9 de xullo de 1847 foi nomeado bispo de Port Victoria, e volveu a Europa para obter axuda financeira e persoal para continuar a misión en Australia. En Roma consagrouse bispo o 15 de agosto de 1848, pero por conflitos entre John Brady, o vigairo de Australia Occidental, e a curia[2] decidiuse mudarlle o título a bispo coadxutor de Perth e bispo titular de Daulia (1849).

En decembro de 1849 volveu a Australia, con máis cartos e corenta relixiosa e artesáns. Tivo desavinzas con Salvado e estableceu un mosteiro nos arredores de Perth co nome de New Subiaco[3], e tamén conflitos con Brady, que non quería aceptalo como coadxutor de Perth e pretendía controlar os recursos logrados en Europa, só unha visita disciplinaria do arcebispo Polding en 1852 resolveu o problema. Xa arredado dos labores misioneiros[4], entre 1851 e 1862 foi administrador apostólico diocese de Perth, ampliou o igrexa existente e construíu novos templos en Fremantle, Guildford, Toodyay, York, Dardanup, Albany e Bunbury, ademais de escolas en Perth mais en Fremantle. Interesouse polas condicións de vida dos presos de Rottnest Island. Con Salvado escribiu unha Historia del origen, padecimientos, progresos, y porvenir de las misiones catolicas de Nueva-Holanda que se publicou en Barcelona en 1850.

En 1853 visitou Europa por razóns de saúde, e volveu para Australia en 1855 con novos misioneiros e algunhas irmás. Tivo conflitos co gobernador por causa da educación e das escolas independentes. O seu carácter impedíalle chegar a acordo ningún, e Rosendo Salvado tivo que resolver os problemas. Entrementres Serra desentendíase da fundación de New Norcia centrándose nas novas misións e no mosteiro de Subiaco, próximo a Perth, e mais tamén no traballo pastoral na diocese. Finalmente New Norcia logrou a autonomía de Perth en 1859.

Volta a España editar

Serra volveu a Europa para conseguir que New Norcia volvese á xurisdición de Perth e ocuparse de asuntos relacionados co proxecto dunha nova catedral para Perth. Como non houbo cambios, e en 1862 renunciou como bispo coadxutor de Perth[5], o que aceptou o papa Pío IX, e volveu a España. En 1864 comezou a traballar no hospital San Juan de Dios en Madrid, atendendo e confesando prostitutas e outras mulleres en situacións marxinais; vendo a necesidade de facer traballo social que as axudase logrou a colaboración de Antonia María de Oviedo, aristócrata madrileña e antiga institutriz da escola das fillas da antiga raíña María Cristina de Borbón, a quen coñeceu en 1849.

O 1 de xuño de 1864 abriu o primeiro Asilo de Nuestra Señora del Consuelo en Ciempozuelos, para acoller mulleres que querían deixar a prostitución. Para traballar alí fundou a congregación das Oblatas do Santísimo Redentor, dedicadas ao traballo social con mulleres en situacións marxinais, o 2 de febreiro de 1870, Antonia María de la Misericordia tornouse a primeiro irmá da congregación. Logo a congregación comezou a estenderse por España, Suramérica e os Estados Unidos.

Foi padre conciliar no Vaticano Primeiro. Politicamente adcribiuse ao carlismo, e en xuño de 1870 tivo un encontro en Vevey (Suíza) co príncipe Xaime de Borbón, fillo do pretendente carlista Carlos VII.[6]

Axudou a restaurar os mosteiros bieitos de Samos, Santo Domingo de Silos e Valvanera. Acusado de escándalo por residir no convento das oblatas en 1885 as autoridades eclesiásticas prohibíronlle vivir e confesar alí polo se se instalou no convento carmelita do Desert de les Palmes en Benicàssim, e alí ha morrer o 8 de setembro de 1886, pouco antes da chegada da absolución de Roma.

Os seus restos trasladáronse a Ciempozuelos (Madrid) en 1894 á nai casa da súa congregación.

Notas editar

  1. "José María Benito Serra" hermanasoblatas.org
  2. Christopher Dowd (2008) Rome in Australia: The Papacy and Conflict in the Australian Catholic Missions, 1834-1884 BRILL p. 136 e ss.
  3. Regina Ganter (2018) The Contest for Aboriginal Souls: European Missionary Agendas in Australia. ANU Press, p. 18
  4. Alejandro María Masolive (1981) Història del monaquisme cristià: Els segles XIX i XX, el monaquisme oriental, el monaquisme femení L'Abadia de Montserrat, p. 50
  5. "Bishop Joseph (José María Benito) Serra y Juliá, O.S.B.". Catholic-Hierarchy
  6. Bocetos tradicionalistas: El Obispo de Daulia (continuación)». La Bandera Regional, 27-01-1912, pàg. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar