Xaime, duque de Madrid

militar español

Xaime de Borbón e Borbón-Parma nado en Vevey no 1870 e finado en París no 1931, foi pretendente carlista ao trono de España co nome de Xaime III (1909-1931), tamén coñecido como duque de Madrid.

Modelo:BiografíaXaime, duque de Madrid

(1914) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Jaime de Borbón y Borbón-Parma Editar o valor en Wikidata
27 de xuño de 1870 Editar o valor en Wikidata
Vevey, Suíza Editar o valor en Wikidata
Morte2 de outubro de 1931 Editar o valor en Wikidata (61 anos)
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Legitimist pretender to the French throne (en) Traducir
Pretendente carlista ao trono de España
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Residenciaavenue Hoche (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor en Wikidata
EducaciónBeaumont College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército Imperial Ruso Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloDuque de Anjou
Pretendente carlista ao trono de España
Legitimist pretender to the French throne (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de Borbón-Anjou Editar o valor en Wikidata
PaisCarlos, duque de Madrid Editar o valor en Wikidata  e Margarida de Bourbon-Parma Editar o valor en Wikidata
IrmánsBranca de Espanha
Alicia de Borbón y Borbón-Parma
Elvira María Teresa Enrique de Borbón y Borbón Parma Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1517683

Traxectoria

editar

Serviu no exército ruso e loitou contra os bóxers en China (1900) e participou na campaña de Manchuria (1904).

Á morte de Carlos VII asumiu a xefatura do carlismo e durante o seu "reinado" o carlismo coñeceuse como xaimismo. Encargou a Juan Vázquez de Mella a secretaría política do carlismo en España, aínda que mantivo como representante do pretendente a Bartolomé Feliú, que o seu antecesor nomeara uns días antes de morrer. Pero as relacións entre Vázquez de Mella e Xaime foron nunca foron boas.

Durante a Primeira guerra mundial Xaime viviu baixo arresto domiciliario en Austria polo seu apoio a Francia e aos aliados, sen case comunicación coa dirección política carlista en España. Tras a guerra trasladouse a Francia e asumiu persoalmente a dirección do carlismo disolvendo a xunta que o gobernaba e provocou a saída de Vázquez de Mella e os mellistas do carlismo en 1919. Aínda que nun primeiro momento apoiou a ditadura de Primo de Rivera, a partir de 1925 opúxose a ela. Tras a proclamación da república en España mantivo conversas con Afonso XIII para unificar as dúas pólas da dinastía carlista, pero a morte de Xaime o 2 de outubro de 1931 impediuno.

Sucedeuno como pretendente carlista o seu tío Afonso Carlos.