New Norcia

Coordenadas: 30°57′10.8″S 116°11′27.6″L / -30.953000, -116.191000

New Norcia é unha localidade sita en Western Australia (Australia Occidental), a 132 km ao norte de Perth. Sitúase nas proximidades do río Moore, no condado de Victoria Plains.

New Norcia
New norcia gnangarra 1.jpg

O 1 de marzo de 1847, foi iniciada aquí a fundación dunha misión bieita para aborixes, que dirixían dous frades españois, Rosendo Salvado e José Serra. O lugar foi denominado New Norcia, por Norcia en Italia, lugar de nacemento de San Bieito, lugar que nas linguas hispanas adoita denominarse Nursia.

New Norcia é a única localidade monástica en Australia. Unha estación de seguimento espacial da Axencia Espacial Europea (ESA) atópase a 8 km ao sur da localidade.

Galería de imaxesEditar