José Signo

actor e xornalista de orixe galega

José Signo García, nado en San Xoán (Porto Rico) o 29 de agosto de 1894 e finado en Córdoba o 29 de maio de 1952, foi un actor e xornalista de orixe galega.

Infotaula de personaJosé Signo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1894 Editar o valor em Wikidata
San Xoán, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Morte29 de maio de 1952 Editar o valor em Wikidata (57 anos)
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , director de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
José Signo, Luís Casado e Federico Rivas en Bueu, 1927.

Fillo do guardés José María Signo Neda e a santiaguesa Concepción García, instalouse en Vigo antes de 1900. Traballou como xornalista en La Concordia e como actor. Foi autor con Ezequiel Moldes de El regalo de un poeta. Paso de comedia, aparecido en 1914.[1] Dirixiu a peza satírica La Ráfaga e colaborou co cineasta Xosé Gil. Posteriormente foi redactor xefe de La Zarpa en Ourense, redactor dos xornais Galicia e El Pueblo Gallego, e colaborador de Faro de Vigo e Vida Gallega. En 1924 tivo un xuízo fronte a Alejandro Pérez Lugín pola paternidade da novela La Casa de la Troya.[2][3]

En 1929 participou na creación da produtora Vicus Films, para a que dirixiu a longametraxe de ficción La tragedia de Xirobio (1930).[4][5] Vinculouse ao mundo teatral, primeiro na Agrupación Martín Codax de Vigo, logo no Teatro Nacional de la Falange, e, por último, na compañía de Celia Gámez. A partir de 1941 foi redactor de Vértice, en Donostia, de Voluntad, en Xixón, e do diario Córdoba.

Notas editar

  1. La Región, 20-9-1914, p. 3.
  2. Landín Tobío, P. (1925). La paternidad de La Casa de la Troya ante los tribunales de justicia. Madrid: Editorial Reus. 
  3. Paramés Montenegro, C. (18/2/2007). "¿Escribió Lugín "La casa de la Troya"?". El Correo Gallego (en castelán). 
  4. La tragedia de Xirobio (José Signo, 1930) Arquivado 12 de abril de 2012 en Wayback Machine., Ficha na web da AAG.
  5. Lamas, Jorge (13-12-2003). "O primeiro filme galego de ficción estréase 73 anos despois da súa rodaxe". La Voz de Galicia. Arquivado dende o orixinal o 14-03-2018. Consultado o 14-3-2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar