José Ramón Vidal Castelo
José Ramón Vidal Castelo, nado en Fruíme (Lousame) o 18 de outubro de 1951, é un mestre e político galego do PSdeG-PSOE, alcalde de Lousame entre 1979 e 2003.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de outubro de 1951 (73 anos) Fruíme, España |
Alcalde de Lousame | |
1979 – 2003 – Santiago Freire Abeijón → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político |
Partido político | Partido dos Socialistas de Galicia |
Traxectoria
editarLicenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi mestre en Noia. Militante do PSdeG-PSOE dende 1977,[1] tralas eleccións municipais de 1979 foi elixido alcalde de Lousame polo PSdeG-PSOE ao gañar as eleccións con 6 concelleiros, o mesmo número que a UCD, e contar co apoio da AMDG, unha coalición que presentaba diversos candidatos comunistas e de esquerda en varios concellos. Nas municipais de 1983 foi reelixido alcalde ao obter a maioría absoluta con 11 concelleiros, fronte a só 2 de AP.
Revalidou a maioría absoluta nos comicios de 1987, 1991 e 1995. Foi deputado provincial polo Partido Xudicial de Noia entre 1991 e 1995, durante o goberno socialista de Salvador Fernández Moreda. Nas municipais de 1999 foi a candidatura máis votada, pero sen maioría absoluta, e gobernou en minoría.
Nas municipais de 2003 perdeu a alcaldía ao gañar o PPdeG e aliarse cunha edil independente, e foi voceiro na oposición durante todo o mandato. Volveu concorrer como candidato socialista nas municipais de 2007 e non foi elixido ao obter o PPdeG a maioría absoluta. Non chegou a tomar posesión como concelleiro, sendo substituído posteriormente á fronte dos socialistas lousamáns por Julio Paradela Busto.
Predecesor: Raimundo Vilela Rodríguez |
Alcalde de Lousame 1979 - 2003 |
Sucesor: Santiago Freire Abeijón |
Notas
editar- ↑ Reportaxe en La Voz de Galicia ed. Barbanza, 17-7-1999, p. 51.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Vidal Castelo, José Ramón". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. ISBN 84-8064-113-4.