José Ramón Dosio López
José Ramón Dosio López, nado en Paradela cara a 1901 e finado en Lugo o 29 de xullo de 1937, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1901 Paradela, España |
Morte | 29 de xullo de 1937 (35/36 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Alcalde de Paradela | |
1931 – 1932 – José López Armesto → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mecánico |
Traxectoria
editarMecánico. Militante do PSOE. Foi alcalde de Paradela en 1931. Presidente do Sindicato de Trabajadores de Loio. Foi tenente-alcalde en 1933 e novamente despois do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil de Portomarín o 20 de xullo, con outros compañeiros, cando ceaban nunha taberna ao seu regreso de Lugo e Sarria. Foron trasladados ao cárcere de Sarria.
Xulgados en Lugo en consello de guerra, foron acusados de rebelión militar por requisar armas o 18 e 19 de xullo, e desprazarse a Lugo o 20 para defender o Goberno Civil e incendiar a reitoral de Castro. Dosio foi condenado a pena de morte e fusilado en Lugo o 29 de xullo de 1937.[1] Xunto con Daniel Pérez López, José López López, Marcelino López López, Avelino Rodríguez López e Juan Abella Armesto foron condenados polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en 1940 ao pago de 50.000 pesetas en concepto de responsabilidade civil.[2]
Predecesor: ? |
Alcalde de Paradela 1931 - 1932 |
Sucesor: José López Armesto |