José López López
José López López, coñecido como Zapateiro de Pacios, nado en Paradela cara a 1893 e finado en Lugo o 29 de xullo de 1937, foi un zapateiro e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1893 Paradela, España |
Morte | 29 de xullo de 1937 (43/44 anos) Lugo, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | zapateiro, político |
Traxectoria
editarZapateiro. Militante de Izquierda Republicana, foi secretario do comité de Izquierda Republicana de Paradela. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pola Garda Civil de Portomarín o 20 de xullo, con outros compañeiros, cando ceaban nunha taberna ao seu regreso de Lugo e Sarria. Foron trasladados ao cárcere de Sarria.
Xulgados en Lugo en consello de guerra, foron acusados de rebelión militar por requisar armas o 18 e 19 de xullo, e desprazarse a Lugo o 20 para defender o Goberno Civil e incendiar da reitoral de Castro. José foi condenado a pena de morte e fusilado en Lugo o 29 de xullo de 1937.[1] Xunto con Daniel Pérez López, José Ramón Dosio López, Marcelino López López, Avelino Rodríguez López e Juan Abella Armesto foron condenados polo Tribunal de Responsabilidades Políticas en 1940 ao pago de 50.000 pesetas en concepto de responsabilidade civil.[2]