José López Armesto
José López Armesto, nado en Paradela en 1903 e finado en Monforte de Lemos o 16 de decembro de 1982,[1] foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1903 Paradela, España |
Morte | 16 de decembro de 1982 (78/79 anos) Monforte de Lemos, España |
Alcalde | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Elías López Armesto |
Traxectoria
editarIrmán de Elías López Armesto. Emigrou moi novo a Cuba e despois a Nova York, onde traballou nun hotel e na firma de ascensores Otis. Nunha viaxe a Paradela decidiu casar e instalou un comercio. Na II República foi elixido alcalde de Paradela en abril de 1933, militando no Partido Republicano Gallego. Integrado en Izquierda Republicana, logo do triunfo do Frente Popular en febreiro de 1936, foi reposto no cargo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 estivo fuxido e agochado en Reiriz xunto ao alcalde de Sarria Antonio Páramo Sánchez. Ao rematar a guerra entregouse e ingresou no cárcere de Lugo o 8 de marzo de 1940. Foi xulgado en Lugo por auxilio á rebelión, resultando a súa causa con sobresemento provisional. Instalouse en Monforte de Lemos, onde montou un bar e ultramarinos, a foritería Bóveda. Alí morreu en decembro de 1982, ao ser atropelado nun paso de peóns.
Predecesor: José Ramón Dosio López |
Alcalde de Paradela 1933 - 1934 |
Sucesor: ? |
Predecesor: ? |
Alcalde de Paradela 1936 |
Sucesor: ? |
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 18-12-1982, p. 38