José Riestra López

empresario e político galego
(Redirección desde «José María Riestra López»)


José María Riestra López, nado en Pontevedra o 8 de setembro de 1852 e finado na mesma cidade o 17 de xaneiro de 1923, foi un empresario e político galego.

Modelo:BiografíaJosé Riestra López

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José María Riestra y López Editar o valor en Wikidata
8 de setembro de 1852 Editar o valor en Wikidata
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Morte17 de xaneiro de 1923 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Pontevedra
1895 – 1896
← Víctor Mendoza MuñozBernardo López Suárez-Cobián →
Deputado no Congreso dos Deputados
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Liberal Fusionista Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosIgnacio Riestra Calderón, Raimundo Riestra Calderón, Vicente Riestra Calderón Editar o valor en Wikidata
PaiFrancisco Antonio Riestra Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Francisco Antonio Riestra,[1] á súa morte en 1880 tomou o relevo dos seus negocios. Engrandeceu o patrimonio do pai converténdose no eixo da vida política e económica da cidade e tamén da provincia. A súa fortuna estaba baseada en propiedades territoriais, a fábrica de tellas e ladrillos da Caeira (Poio), a banca Riestra e as xestorías de cobros de foros, entre outros negocios. Foi propietario da illa da Toxa, onde construíu o balneario.

Membro da facción romanonista do Partido Liberal, foi elixido deputado a Cortes polo distrito da Estrada nas eleccións de 1879, 1881 e 1861 (permaneceu no cargo ata 1890), cedendo despois o distrito a Antonio Aguilar Correa. Posteriormente foi elixido senador por Pontevedra (1891-1899) e máis tarde (1900) nomeado senador vitalicio. En 1893 obtivo o título de Marqués de Riestra. En 1895 foi nomeado alcalde de Pontevedra.

Desde a seu pazo na Caeira controlou toda a política provincial. Mostra da influencia do Marqués de Riestra na vida política da provincia de Pontevedra desde finais do século XIX ata os anos 20 do século XX, é a frase “España ten 48 provincias, porque a outra é do Marqués de Riestra”, popular no Madrid oficial da época.

Recoñecementos

editar
 
Busto do Marqués de Riestra na Illa da Toxa

Unha rúa de Pontevedra leva o seu nome e na illa da Toxa hai un busto en bronce que o recorda.

Vida persoal

editar

Casou con Mencia Pintos, coa que tivo un fillo, Fernando Riestra Pintos. Casou en segundas nupcias con María del Carmen Calderón Ozores (filla de Vicente Calderón Oreiro), coa que tivo sete fillos: Raimundo, Vicente, Francisco, Santiago, Mª Carmen, José Luis e Ignacio Riestra Calderón. Raimundo e Vicente continuaron a carreira política do pai, e Francisco foi xuíz.

  1. "Xenealoxía Marqueses de Riestra". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 09 de xuño de 2012. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar


Predecesor:
Víctor Mendoza Muñoz
  
Alcalde de Pontevedra
 
1895 - 1896
Sucesor:
Bernardo López Suárez