Abrir o menú principal

José María Montes Rouco, nado no Castro, parroquia de Osedo (Sada), o 24 de xullo de 1822 e finado no mesmo lugar o 29 de febreiro de 1892, foi un xornalista, escritor e político galego.

José María Montes
Nacemento1822
 Sada
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritor
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela nos tempos previos ao levantamento de 1846, presidiu o comité coruñés do Partido Democrático Gubernamental en 1881, foi alcalde de Sada na Restauración. Escritor ligado ao provincialismo, foi un dos organizadores dos Xogos Florais de Betanzos en 1886. Foi director de Diario de La Coruña (1857), Diario de Anuncios y Noticias de la Coruña (1858), El Brigantino, La Correspondencia de Galicia (1867), La Lira (1875), El Comercio Gallego (1877) e El Noroeste (1881). Foi redactor de Revista Compostelana de Instrucción y Recreo e Eco de la Revista e colaborou en El Iris de Galicia, Revista de Galicia, El Recreo Compostelano, Eco de la Revista, Revista de Galicia e Las Mariñas.


Predecesor:
José Gayoso Golán
  
Alcalde de Sada
 
? - ?
Sucesor:
Antonio Domínguez Fariña

ObrasEditar

  • Imitación de las lamentaciones de Jeremías. Escrita en variedad de metros, 1961.
  • Honor gallego. Comedia en tres actos y en verso, 1862.
  • Eric IV. Drama histórico en tres actos y en verso, 1862.

Vida persoalEditar

Casou con Rita Arias Calviño, filla de Antonio Arias Sanjurjo.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar