Eco de la Revista
Eco de la Revista foi un periódico editado na Coruña en 1852.
Eco de la Revista | |
---|---|
Fundación | 1852 |
Lingua | lingua castelá |
Localidade | A Coruña |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Periódico Judicial, Mercantil, Literario y de Variedades apareceu o 11 de xuño de 1852. Aparecía os domingos. Defendía un liberalismo moderado e un rexionalismo insurxente. Tiveron particular resonancia as seccións tituladas "Escritores y hombres célebres de Galicia", onde se publicaron traballos sobre Macías o Namorado, Pedro Vázquez de Neira, Benito Xerónimo Feijoo e Diego Antonio Cernadas Castro; "Corona poética", dirixida por José Puente Brañas, onde se incluíron composicións, en galego ou castelán, de Antonio Neira de Mosquera, Benito Vicetto, Miguel Rúa Figueroa, José María Montes, Luís de Trelles, Pedro Vázquez de Neira e Vicente Turnes e as adiviñas ou charadas de J.M.L. O último número coñecido é o 11, publicado o 26 de setembro.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Eco de la Revista". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Eco de la Revista". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.