Abrir o menú principal

Diario de Anuncios y Noticias de la Coruña

Diario de Anuncios y Noticias de la Coruña foi un periódico editado na Coruña entre 1858 e 1866.

Historia e característicasEditar

Apareceu o 24 de novembro de 1858. Foron os seus directores Francisco María de la Iglesia, Benito Vicetto, Manuel Murguía, José López de la Vega, José María Montes e Froilán Salazar. Imprimíase nos obradoiros de Cástor Míguez. Entre os seus colaboradores figuraban Antonio de la Iglesia, Antonio San Martín, Ramón Buch, Domingo Camino e Federico Alejos Pita. Publicaba editoriais e soltos, variedades, boletíns relixiosos, noticias mercantís, anuncios e folletíns. Cesou a súa publicación o 12 de abril de 1866.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.