Xosé María Arias Fernández

gandeiro e político galego
(Redirixido desde "José María Arias Fernández")

Xosé María Arias Fernández, nado en Furís (Castroverde) o 21 de maio de 1967, é un gandeiro e político galego do PSdeG-PSOE.

Xosé María Arias Fernández
Nacemento21 de maio de 1967
 Furís
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico e gandeiro
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Gandeiro de profesión. Accedeu á alcaldía de Catroverde no ano 1997 tras unha moción de censura ao alcalde nacionalista Miguel Rodríguez Fernández. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Castroverde e foi elixido alcalde grazas a un pacto co BNG. Nas municipais de 2003 volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde nas sucesivas eleccións sempre con maioría absoluta (2007, 2011, 2015 e 2019). Deputado provincial (2007-2011 e 2019-actualidade), foi responsable da área de medio rural da Deputación (2007-2011) e actualmente leva a área de Cooperación cos concellos de dita institución.


Predecesor:
Miguel Rodríguez Fernández
  
Alcalde de Castroverde
 
1997 - actualidade
Sucesor:
no cargo

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar