José Manuel Silva Losada

empresario e político galego

José Manuel Silva Losada, coñecido como Sakuska, nado en Cambados cara a 1897, foi un empresario e político galego.

Modelo:BiografíaJosé Manuel Silva Losada
Biografía
Nacemento1897 Editar o valor en Wikidata
Cambados, España Editar o valor en Wikidata
Morteséculo XX Editar o valor en Wikidata
valor descoñecido Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Cambados
15 de marzo de 1936 – xullo de 1936
← Juan Salgado PérezManuel Silva Núñez → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesSakuska Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 200

Traxectoria

editar

Emigrante na Arxentina, ao seu regreso foi propietario da empresa de autobuses Plus Ultra, que cubría a liña entre Cambados e Pontevedra. Posteriormente montou o Café Sakuska e máis tarde puxo un coche de servizo público. Secretario da Agrupación Socialista de Cambados, co triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936, foi nomeado concelleiro e elixido alcalde de Cambados o 15 de marzo.[1]

Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. O 24 de setembro foi posto a disposición do comandante militar de Pontevedra polo delegado de Orde Pública xunto a Elías Porto Trigo e Antonio Chaves del Río, detidos no cárcere de Cambados. Foi xulgado en Consello de guerra o 10 de decembro de 1936, con Antonio Chaves del Río, Peregrino Pontevedra González, Juan José Varela Oubiña, Manuel Bugallo Martínez e Manuel Martínez Piñeiro.[2] Condenado a cadea perpetua, pasou polo campo de concentración da illa de San Simón, foi trasladado ao Forte de San Cristovo de Pamplona en maio de 1937,[3] para finalmente cumprir condena na Prisión Central de Figueirido dende xullo de 1940, de onde saíu en liberdade provisional en 1941.[4] Despois dedicouse a seguros, representacións e outros negocios.[5]


Predecesor:
Juan Salgado Pérez
  
Alcalde de Cambados
 
1936
Sucesor:
Manuel Silva Núñez

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Domínguez Pereira, Jacobo (2004). Un pobo deitado ó sol, á beira do mar. A Segunda República en Cambados. Cambados: CANDEA. ISBN 84-920310-9-3. 

Ligazóns externas

editar