Antonio Chaves del Río

mariñeiro e sindicalista galego

Antonio Chaves del Río, nado en Cambados o 17 de setembro de 1886 e finado en Vilaboa o 28 de decembro de 1936, foi un sindicalista galego.

Modelo:BiografíaAntonio Chaves del Río
Biografía
Nacemento17 de setembro de 1886 Editar o valor en Wikidata
Cambados, España Editar o valor en Wikidata
Morte28 de decembro de 1936 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Vilaboa, España Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepaseo, ferida por arma de fogo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónsindicalista, pescador Editar o valor en Wikidata
Membro de

Traxectoria

editar

Mariñeiro. Era presidente do Sindicato de Industrias Pesqueiras y Oficios Varios (CNT). Foi Patrón Maior do Pósito de Cambados. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. O 24 de setembro foi posto a disposición do comandante militar de Pontevedra polo delegado de Orden Público xunto a Elías Porto Trigo e José Manuel Silva Losada, detidos no cárcere de Cambados. Xulgado en Consello de guerra o 10 de decembro de 1936, con José Manuel Silva Losada, Peregrino Pontevedra González, Juan José Varela Oubiña, Manuel Bugallo Martínez e Manuel Martínez Piñeiro,[1] foi condenado por rebelión militar a unha pena de reclusión perpetua coa accesoria de interdición e inhabilitación absoluta perpetua. O 28 de decembro de 1936 aplicáronlle a lei de fugas en Vilaboa co pretexto dun traslado dende a illa de San Simón ao cárcere de Pontevedra.[2]

  1. El Pueblo Gallego, 11-12-1936, p. 9.
  2. Xosé Álvarez Castro (31 de marzo de 2013). "O dereito a saber. Antonio Chaves del Río". Pontevedra nos anos do medo.