Juan Salgado Pérez

avogado e político galego

Juan Salgado Pérez, nado no Carril (Vilagarcía de Arousa) o 22 de decembro de 1886 e finado en Cambados o 30 de outubro de 1978,[1] foi un avogado e político galego.

Juan Salgado Pérez
Nacemento22 de decembro de 1886
Lugar de nacementoO Carril
Falecemento30 de outubro de 1978
Lugar de falecementoCambados
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónavogado e político
IrmánsRamón Salgado Pérez
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Ramón Salgado Betanzos e irmán de Ramón Salgado Pérez. Estudo o bacharelato no Instituto de Pontevedra. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1908. Asentouse en Cambados onde abriu despacho profesional. Foi xuíz municipal de Meis en 1920.[2] Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado alcalde de Cambados o 18 de xaneiro de 1924, ocupando o cargo até 1930. Volveu ser alcalde de Cambados durante a Segunda República. Finou en Cambados con 91 anos.


Predecesor:
Andrés Quintanilla Alonso
  
Alcalde de Cambados
 
1924 - 1930
Sucesor:
Manuel Silva Núñez


Predecesor:
Juan Vidal Fraga
  
Alcalde de Cambados
 
1933 - 1935
Sucesor:
José Manuel Silva Losada


RecoñecementosEditar

Recibiu a Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort.

Vida persoalEditar

Casou con Marina Fariña Gómez e foi pai de Dolores Salgado Fariña.

NotasEditar

  1. La Voz de Galicia, 31-10-1978, p. 70.
  2. Diario de Pontevedra, 9-4-1920, p. 2.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Gallego Rei, Mario; Milleiro Sánchez, Celso Xavier; Moreira Docampo, Xosé Manuel (2012). Para despois do silencio. O Concello de Meis da II República a Guerra Civil. Vigo: Ir Indo. p. 196. ISBN 978-84-7680-692-0. 

Ligazóns externasEditar