José Manuel Cores Tourís
José Manuel Cores Tourís, nado en Oubiña (Cambados) o 1 de novembro de 1958, é un político galego do PPdG.
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1958 (66 anos) Oubiña, España |
Alcalde de Cambados | |
1998 – 2009 (dimisión) ← Santiago Tirado Serén – Luís Aragunde Aragunde → | |
Actividade | |
Ocupación | político |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Traxectoria
editarFoi director xerente da cooperativa Horsal e vicepresidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas dende o 1985. Posteriormente, ocupou os postos de concelleiro no Concello de Cambados dende o 1987 ata o 1995, e Tenente de Alcalde dende o 1995 ata o 1998[1].
Foi elixido alcalde de Cambados trala dimisión de Santiago Tirado Serén en maio de 1998. Nas eleccións municipais de 1999 foi reelixido con maioría absoluta, así como no 2003 e no 2007. Porén, abandonou o cargo en abril de 2009 tras ser nomeado delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra do novo goberno de Alberto Núñez Feijóo.
Foi elixido senador pola provincia de Pontevedra nas eleccións de 2000, nas de 2004 e nas de 2008. En abril de 2009 presentou a súa renuncia ao pasar a ocupar o posto de designación como delegado da Xunta de Galicia para a provincia de Pontevedra, e foi substituído por Paz Lago. Foi elixido deputado do Parlamento de Galicia nas autonómicas de 2012, e renunciou para volver ocupar o cargo de delegado territorial da Xunta de Galicia.
Predecesor: Santiago Tirado Serén |
Alcalde de Cambados 1998 - 2009 |
Sucesor: Luís Aragunde Aragunde |
Vida persoal
editarEstá casado e ten dúas fillas.
Notas
editar- ↑ "Senado.es". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2006. Consultado o 05 de decembro de 2010.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: José Manuel Cores Tourís |