José Manuel Arufe Rieiro

político galego

José Manuel Arufe Rieiro, nado en Santa Comba en 1944[1], é un político e enxeñeiro galego.

Infotaula de personaJosé Manuel Arufe Rieiro
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Santa Comba, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Santa Comba
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Enxeñeiro. Presentouse ás eleccións municipais de 1979 en Santa Comba pola Agrupación Independiente de Xallas e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura de Coalición Popular, sendo reelixido cunha amplísima maioría absoluta e sendo elixido deputado provincial. Nas municipais de 1987 encabezou a CPG e volveu ser reelixido con maioría absoluta e deputado provincial. Na Deputación foi vicepresidente, nun primeiro lugar baixo o mandato do aliancista José Manuel Romay Beccaría (1987-1989) e en segundo baixo o mandato do socialista Salvador Fernández Moreda (1989-1991), xunta o cal presentou unha moción de censura contra Romay en xuño de 1989. A esta situación chegouse tras un acordo inicial entre o PSdeG e a CPG para cogobernala Deputación da Coruña e o concello de Lugo, tralas municipais de 1987, malia ser respectado en Lugo (coa alcaldía da CPG), finalmente na Deputación coruñesa a coalición non apoiou ós socialistas (que foran a primeira forza) e fixo presidente a Romay. Porén, as diversas discrepancias entre Romay e parte da CPG supuxo que 3 dos seus 5 deputados (ademais del mesmo os alcaldes de Coristanco e Mazaricos) apoiasen a devandita moción de censura no 89 e pasasen a gobernar cos socialistas.

Nas municipais de 1991 encabezou a CNG, o proxecto infrutuoso de expansión de Centristas de Galicia, e perdeu a alcaldía ó lograr o PPdeG a maioría absoluta. Volveu a presentarse nas municipais de 1995 a través da Agrupación de Independientes de Xallas-Santa Comba, pero sen conseguir recuperala alcaldía, a pesar de que mantivo as distancias e sumou apoios, dado que o PPdeG revalidou a maioría absoluta. En 1999 optou por non presentarse de novo e retirouse da política.


Predecesor:
Antonio Cousillas Blanco
  
Alcalde de Santa Comba
 
1979 - 1991
Sucesor:
José Toja Parajó

Notas editar

  1. Entrevista en La Voz de Galicia Santiago, 29-6-1988 p.53

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar